Joan Jett
| Joan Jett | |
|---|---|
| Nome completo | Joan Marie Larkin |
| Alias | |
| Naceu | 22 de setembro de 1958 (54 anos) |
| Orixe | Filadelfia, Pennsylvania |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | voz, guitarra, baixo |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | The Runaways, Joan Jett & the Blackhearts |
| Tempo en activo | |
| Web | |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Joan Jett, nada como Joan Marie Larkin o 22 de setembro de 1958 en Filadelfia, Pennsylvania, é unha actriz, cantante, produtora e guitarrista estadounidense. É coñecida polos seus hits "I Love Rock 'N Roll", que estivo no número 1 das listas do Billboard do 20 de marzo ao 8 de maio de 1982, "Crimson and Clover", "Do You Wanna Touch Me", "Light of Day", "I Hate Myself For Loving You", "Little Liar" e "Love Is All Around".
Probablemente Joan Jett sexa a figura feminina máis importante da historia do rock. Bandas como Bikini Kill, Shonen Knife, L7, The Yeah Yeah Yeahs, Kittie, The Donnas ou Hole declararon publicamente a influencia de Joan na súa música.
Biografía[editar]
Aos 15 anos, Joan formou The Runaways con outras tres rapazas, Sandy West, Lita Ford e Cherie Currie. Joan cantaba, tocaba a guitarra rítmica e escribía moito do material da banda. A banda gravou cinco LPs e xirou por todo o mundo tendo de teloneiros entre outros a Cheap Trick, Van Halen e Tom Petty and The Heartbreakers. Tiveron especialmente éxito en Xapón.
Mentres que The Runaways eran moi populares en Europa, Xapón, Australia, Canadá e tamén en Sudamérica, eles non tiveron o mesmo éxito nos Estados Unidos. Parte diso debeuse a que este país, e a súa prensa musical especialmente, non estaba acostumada a que unha banda de mulleres adolescentes fixese música en serio. The Runaways separouse en 1979.
Foi nesa época cando Jett, considerada unha figura na escena punk rock, produciu o único álbum de The Germs. Esta gravación é considerada o equivalente estadounidense do Never Mind The Bollocks dos Sex Pistols.
Na primavera de 1979, Joan foi a Inglaterra para comezar unha carreira en solitario. Mentres estivo alí, fixo tres temas cos ex-Sex Pistols Paul Cook e Steve Jones (unha delas era unha versión temprana de "I Love Rock N' Roll"). De volta a Os Ánxeles, Joan comezou a rodar unha película baseada en The Runaways chamada We're All Crazee Now!. A película nunca foi editada, pero durante a realización do proxecto Joan coñeceu ao compositor e produtor Kenny Laguna. Fixéronse bos amigos e decidiron traballar xuntos.
Jett e Laguna entraron nos estudios The Who’s Ramport Studios para gravar o debut en solitarios da primeira. O disco Joan Jett foi editado en Europa, pero nos Estados Unidos nada menos que 23 grandes selos rexeitaron o disco. Jett e Laguna editárono independentemente no seu propio selo Blackheart Records. Deste xeito, Jett convertíuse na primeira intérprete feminina en crear o seu propio selo discográfico.
A parella usou os seus aforros persoais para gravar a crear o seu propio sistema independente de distribución, moitas veces vendendo os álbums no seu coche despois dos concertos.
Coa axuda de Laguna, Jett formou The Blackhearts. A banda foi creada a comezos dos anos 80, e ademais de Jett estaba composta por Ricky Byrd, John Doe, Gary Ryan e Eric Ambel.