Tenacious D
| Tenacious D | |
|---|---|
A banda en concerto en Nova York, 2006 |
|
| Información | |
| Orixe | Os Ánxeles, California, Estados Unidos |
| Período | 1994 - ... |
| Xénero(s) | Hard rock Rock comedia Heavy metal |
| Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG Epic Records |
| Membros | Jack Black Kyle Gass |
| Antigos membros | |
| Web oficial | www.tenaciousd.com |
Tenacious D é unha banda de heavy metal estadounidense formada por Jack Black e Kyle Gass en 1994, nos Angeles, California. A banda en estudio, e máis recentemente nas súas actuacións ao vivo, presenta unha formación de banda completa, incluíndo músicos como o guitarrista John Konesky, o baixista John Spiker e o batería Brooks Wackerman.
Tenacious D formouse 1994 cando os membros tocaban como un dúo acústica. A banda gañou popularidade en 1999 cando se estrelou a serie de televisión homónima e comezou a apoiar grandes bandas de rock. No 2001, foi cando editaron Tenacious D, seu primeiro álbum como banda completa. No 2006, fixeron, e musicaron, o filme Tenacious D in The Pick of Destiny. Grazas ao filme, a banda saíu de xira mundial, aparecendo como banda completa.
Tenacious D presenta músicas de forma teatral, facendo comedia co rock.
Discografía [editar]
- Tenacious D (2001)
- The Pick of Destiny (2006)
- Rize of the Fenix (2012)