ESCP Europe
A ESCP Europe é unha escola de negocios con vocación internacional, con campus propios en París, Londres, Madrid, Berlín e Turín, así como outros asociados en Monterrey, Bangkok ou Delhi.
Descrición [editar]
Esta institución, fundada en 1819,é a máis antiga escola de negocios do mundo.Imparte unha treintena de programas formativos -entre másters, MBA e formación para altos directivos- que contan coa triple acreditación internacional de EQUIS, AACSB e AMBA. Defínese como a escola de negocios para Europa e está recoñecida como unha das mellores business school do mundo en formación de directivos, segundo revela o último ránking de escolas de negocios de Financial Times[1], que a sitúa no segundo posto entre os centros con presencia española.
A escola, cunha rede de 35.000 antigos alumnos en 150 países e un claustro de mestres internacional e plurilingüe, recebe anualmente ao redor de 3.500 estudantes procedentes de 100 nacionalidades. En España, o campus de Madrid, fundado en 1988 e presidido por Guillermo de la Dehesa, conta cun acordo académico coa Universidade Carlos III.
Notas [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio oficial
- Campus de París (francés)
- Campus de Londres (inglés)
- Campus de Berlín (alemán)
- Campus de Madrid
- Campus de Turín (italiano)
- ESCPConseil.com (francés)