Escola de negocios
Unha escola de negocios é unha institución de nivel universitario que ensina materias como contabilidade, economía, mercadotecnia, finanzas, estratexia, métodos cuantitativos e comportamento organizacional. Inclúen escolas de negocios, administración de empresas e management.
Orixe [editar]
O movemento de creación das primeiras escolas de negocios comezou na segunda metade do século XIX. A primeira do mundo foi a ESCP Europe (París), fundada en 1819 polo famoso economista Jean-Baptiste Say. Tanto a Wharton Business School (Filadelfia) como HEC (París) foron fundadas en 1881. HEC Liege en 1898 e a Tuck School of Business (Nova Hampshire) fundouse en 1900. Precisamente Tuck School of Business foi a pioneira en impartir o Master in Business Administration (MBA), e constituiu e consolidou o modelo de escola que fue seguido polo resto de escolas del mundo.
Hogano existen centos de institucións especializadas e as principais universidades do mundo contan coas súas propias escolas de negocios. INT Management en París, por exemplo, é unha famosa escola de negocios que forma parte do Institut National des Télécommunications de Francia. En Latinoamérica un dos centros máis importantes é o IPADE Business School de México.