Durham
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Durham (homónimos).
Coordenadas: 54°46′39″N 1°34′34″W / 54.7775°N 1.57611°W
Durham (AFI: [ˈdʊɹəm] na pronuncia local, [ˈdʌɹəm] en RP) é unha pequena cidade localizada no nordeste da Inglaterra. Atópase ao sur das cidades de Newcastle upon Tyne, Chester-le-Street e Sunderland e ao norte de Darlington.
É bastante coñecida pola súa catedral e o seu castelo normandos, ambos os dous designados Patrimonio da Humanidade en 1986. Tamén é a sede da Universidade de Durham, unha das máis antigas e con máis sona do país.