Dragan Džajić
Dragan Džajić (dereita) facendo un centro ante a oposición do defensa sueco Jan Olsson, durante o Mundial de 1974. |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Драган Џајић | ||
| Nacemento | 30 de maio de 1946 (66 anos) | ||
| Lugar | Ub, Iugoslavia | ||
| Posición | Extremo esquerdo | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1961–1975 | Estrela Vermella | 590 | (287) |
| 1975–1977 | Bastia | 56 | (31) |
| 1977–1978 | Estrela Vermella | 25 | (5) |
| Total | 671 | (323) | |
| Selección nacional | |||
| 1964–1978 | Iugoslavia | 85 | (23) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Dragan Džajić (en serbio cirílico: Драган Џајић), nado o 30 de maio de 1946 en Ub, Iugoslavia, é un ex-futbolista internacional serbio. Xogango na posición de extremo esquerdo, a súa carreira transcurríu entre 1961 e 1978.
Traxectoria [editar]
Džajić naceu nunha pequena vila chamada Ub o 30 de maio de 1946, preto da cidade de Belgrado. Case toda a súa vida deportiva permanece no Estrela Vermella de Belgrado, salvo dous anos, entre 1975 e 1977 que xogou no Bastia, en Francia. Co Estrela Vermella anotou 108 goles e co Bastia 31.
Internacionalmente debuta o 17 de xuño de 1964 coa selección de Iugoslavia, nun encontro contra Romanía. En total desputou un total de 85 encontros internacionais, anotando 23 goles. Despois do seu retiro chegou a ser adestrador e presidente do Estrela Vermella, posto ó que renunciou en 2004 por motivos de saúde.
Džajić considérase coma un dos mellores estremos da historia, reunindo tódalas cualidades requiridas a un xogador nesa posición, destacando polo seu regate, velocidade, bo disparo a porta e por riba de todo, polos seus abraiantes centros. Non menos abraiante era a sús habilidade a balón parado, sendo un auténtico mestre nos lanzamentos de falta e nos lanzamentos de córner directo.