Domingo Frades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomingo Frades
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata
San Martiño de Trebello, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Badaxoz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , activista lingüístico , tradutor , funcionario Editar o valor em Wikidata
LinguaFala de Estremadura e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Domingo Frades Gaspar, por veces escrito Dumingu Frades Gaspar[1], nado en San Martiño de Trebello (provincia de Cáceres) o 18 de novembro de 1936[2] e finado en Badaxoz o 10 de xaneiro de 2023,[3] foi un escritor estremeño en mañego. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no seminario de Salamanca e fixo estudos agrícolas en Zaragoza. Funcionario do ministerio de extensión agraria, traballou desde 1970 no servizo de extensión e capacitación agraria de Estremadura, desde onde defendeu a agricultura ecolóxica e a apicultura. Xubilouse en 2001.

Interesado no mantemento das falas galegófonas do Val de Xálima, en 1993 foi un dos fundadores da asociación Fala i Cultura.

Obra[editar | editar a fonte]

Estudos e traballos lingüísticos[editar | editar a fonte]

  • Algu sobre a nosa fala (I) (1975).
  • Algu sobre a nosa fala (II) (1975).
  • Coñocer y actuar (1976). Cun vocabulario mañego-castelán de 600 voces e un apéndice ortográfico.
  • Vamus a falal. Notas pa coñocel i platical na nosa fala (1994) Reeditada no 2000.
  • O seu discurso de ingreso na RAG “Por que estó contentu de falar?”, publicado n’A herdanza da lingua: o galego de Asturias, León, Zamora e Cáceres (2004, pp 27-36).

Traducións e edicións[editar | editar a fonte]

  • Nubis i clarus (1975). edición dos poemas mañegos de Eugenio Gómez, cóengo de Cádiz.
  • O pequenu príncipi (2014). Con Félix Severino López Fernández e máis con José María González Rodríguez traduciu U Pequenu Príncipi/O Pequenu Príncipe.
  • Novu testamentu en Fala (2015). Tradución ao mañego do Novo testamento.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Guixiarrus...Labeiras (1976).
  • Ditus i feitus (1977).
  • Versus de un verán (1977).
  • La Sima (2001). Editora Regional de Extremadura. 90 páxs. ISBN 84-7671-647-8.
  • Versus valeoris da nosa fala. Obra poética mañega (2022). Editora Regional de Extremadura. 355 páxs. Recompilación de poemas seus publicados entre 1971 e 2004)[5][6]

Outros[editar | editar a fonte]

  • Sierra de Gata: donde empieza Extremadura (1983).
  • Apuntes de apicultura (1986)
  • La apicultura extremeña. Apuntes para su historia (1987).
  • Callejeiru mañegu, de 2004.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica de Dumingu Frades (El Periódico de Extremadura). Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2023. Consultado o 12 de xaneiro de 2023. 
  2. Costas, X. H. (24 de xaneiro de 2023). "Domingo Frades Gaspar, in memoriam". Real Academia Galega. 
  3. "A RAG lamenta o pasamento do académico correspondente Domingo Frades Gaspar". Real Academia Galega. 10 de xaneiro de 2023. 
  4. Membros correspondentes da RAG
  5. CatalunyaPress.cat. "Mor l'escriptor Domingo Frades Gaspar, destacat defensor de la 'fala' d'Extremadura". Catalunyapress (en catalán). Consultado o 2023-01-10. 
  6. Mariño Davila, Esperanza L. (abril, maio, xuño 2023). "Poesía en "galego" de Extremadura". Grial LXI (238): 85–86. ISSN 0017-4181.