Diocese ortodoxa rutena de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diocese rutena de América
Datos xerais
Erección 1938
Localización Estados Unidos e Canadá
Información
Igrexa Igrexa Ortodoxa de Constantinopla
Ritos Rito bizantino
Xerarquía
Patriarca Bartolomeu I
Bispo Gregory Tatsis

A diocese rutena en América (en inglés: American Carpatho-Russian Orthodox Diocese, ACROD) é unha diocese da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla con 78 parroquias en Estados Unidos e Canadá. Aínda que a diocese está directamente baixo a xurisdición do Patriarcado, está baixo a supervisión espiritual do Primado da arquidiocese de América. O seu bispo actual é Gregory Tatsis, consagrado o 27 de novembro de 2012.

Historia[editar | editar a fonte]

A finais do século XIX moitos rutenos emigraron a América do Norte e estabeleceron parroquias católicas orientais. Porén, a maioría da xerarquía latina non acolleu fácilmente aos rutenos.[1] As diferenzas entre os católicos orientais e os bispos latinos, especialmente no referente ao celibato sacerdotal e ás diferentes formas da Divina Liturxia ou Misa, levaron a que algún deles deixaran a Igrexa Católica e pasaran a formar parte da Igrexa Ortodoxa. Un dos maiores oponentes ás prácticas orientais na súa diocese foi John Ireland, arcebispo de St. Paul entre 1888 e 1918, quen rexeitou permitir oficiar aos cregos rutenos na súa diocese.[2]

Entrada á Igrexa de San Nicolao de Myra en Manhattan, Nova York, parte da ACROD.

A diocese foi fundada en 1938 cando un grupo de 37 parroquias católicas rutenas, baixo a guía do sacerdote Orestes Chornock, foron recibidas baixo a xurisdición do patriarcado ecuménico. O ano anterior, o grupo xa renunciara á unión coa Santa Sé, especialmente como protesta polo que percibían como latinización litúrxica. Un aspecto que causou moita división foi o decreto papal de 1929 Cum data fuerit de Pío XI, que mandou ao clero oriental nos Estados Unidos manter o celibato sacerdotal.[3]

Este foi o segundo grupo de parroquias rutenas nos Estados Unidos que pasou á Igrexa Ortodoxa. O primeiro fora o dirixido por Alexis Toth, que entrara baixo a xurisdición da metrópole rusa de América (hoxe a Igrexa Ortodoxa en América) na década de 1890. Porén, este segundo movemento de rutenos cara a Igrexa Ortodoxa dirixiuse á Igrexa Ortodoxa de Constantinopla no canto da Igrexa Ortodoxa Rusa. Isto debeuse principalmente ao medo á rusificación que xa se dera no primeiro caso. No canto, o Patriarcado Ecuménico permitiu aos rutenos manter as súas prácticas distintivas.

A diocese hoxe[editar | editar a fonte]

En 2006 tiña 14.372 membros en 78 parroquias. A maioría delas sitúanse en 13 estados no leste dos Estados Unidos, con dúas parroquias e dúas misións en Ontario. Case a metade das parroquias están localizadas en Pensilvania, ónde tamén ten a diocese un seminario, o seminario de Christ the Saviour de Johnstown, Pensilvania.

A diocese tiña tamén dous mosteiros, un en Nova York (que pechou en 1990) e outro en Maryland (que disolveuse a final da década de 1990 cando o seu abade volveu ao catolicismo).

A diocese é parte da Asemblea de Bispos Ortodoxos Canónicos en América do Norte e Central.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Dende 1938, a dioceses estivo dirixida polos seguintes bispos:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barringer, Lawrence (1985). Good Victory. Holy Cross Orthodox Press. pp. 22–23. ISBN 0-917651-13-8.
  2. Tarasar, Constance (1975). Orthodox America: 1794-1976. Orthodox Church in America. pp. 50−51.
  3. Barringer. pp. 102–103
  4. "Former Ruling Bishops". American Carpatho-Russian Orthodox Diocese of the U.S.A.. http://www.acrod.org/diocese/formerbishops/. Consultado o 4 de agosto de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]