Arquidiocese ortodoxa grega de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquidiocese de América
Datos xerais
Localización Estados Unidos
Información
Igrexa Igrexa Ortodoxa de Constantinopla
Ritos Rito bizantino
Xerarquía
Patriarca Bartolomeu I
Arcebispo Demetrios de América

A Arquidiocese de América é unha xurisdición ortodoxa nos Estados Unidos, parte da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes do estabelecemento dunha arquidiocese ortodoxa grefa no hemisferio occidental, había numerosas comunidades de cristiáns ortodoxos gregos. A primeira comunidade deles nas Américas foi estabelecida en 1864, en Nova Orleáns, Luisiana, por unha pequena colonia de comerciantes gregos. A primeira comunidade permanente foi fundada na cidade de Nova York en 1892, onde hoxe está a catedral arquidiocesana e a sé do arcebispado. A arquidiocese ortodoxa grega de América do Norte e do Sur foi estabelecida en 1921, e oficialmente recoñecida polo Estado de Nova York en 1922.

En 1908 a Igrexa de Grecia recibira autoridade sobre os gregos ortodoxos en América, mais en 1922 o patriarca Melecio IV de Constantinopla transferiu a arquidiocese novamente á xurisdición da Igrexa de Constantinopla. En 1996 a arquidiocese foi dividida polo Patriarcado Ecuménico, dividindo a administración dos dous continentes en catro partes (América, Canadá, América Central e América do Sur), deixando só o territorio dos Estados Unidos para a Arquidiocese de América.

Organización[editar | editar a fonte]

A arquidiocese de América está composta por un distrito arquidiocesano (a cidade de Nova York) e oito metrópoles: Nova Jersey, Chicago, Atlanta, Detroit, San Francisco, Pittsburgh, Boston e Denver. Está gobernada polo Arcebispo e polo Sínodo Eparquial de Metropolitanos. O Sínodo está dirixido polo Arcebispo (como primeiro entre iguais) e comprende aos Metropolitas das diferentes metrópoles.

Ten mais de 500 parroquias, 800 sacerdotes e entre 400.000 e 2 millóns de fieis, dependendo das fontes. Os estados co maior número de fieis son Massachusetts, New Hampshire, Rhode Island e Nova York. Porén, tamén hai un grande número de fieis en Florida e California. A arquidiocese tamén inclúe 21 comunidades monásticas. Ademais, a arquidiocese dirixe un seminario, a Holy Cross Greek Orthodox School of Theology en Brookline, Massachusetts, que atende non só aos seminaristas ortodoxos gregos, senón tamén a os seminaristas doutras xurisdicións.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]