Metrópole ortodoxa grega de España e Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMetrópole ortodoxa grega de España e Portugal
Imaxe

Localización
Xeografía
Parte de

Páxina webmetropoliespo.com Editar o valor em Wikidata

A metrópole de España e Portugal é unha xurisdición ortodoxa con sé en Madrid, baixo a xurisdición canónica do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla. Inicialmente parte da metrópole de Francia, foi estabelecida como metrópole independente por decisión patriarcal e sinodal en 2003. O seu metropolita é o arcebispo grego Polykarpos Stavropoulos.[1]. Xuridicamente está rexistrada en España como Igrexa ortodoxa grega en España e en Portugal como Igrexa Ortodoxa en Portugal[2].

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira parroquia ortodoxa grega en España foi erixida en Madrid en 1949. A diocese pertenceu inicialmente á metrópole de Francia, creada en 1963, da que era un exarcado (o exarcado de Iberia).[3]

O 20 de xaneiro de 2003 foi erixida a nova metrópole de España e Portugal,[3] con xurisdición sobre toda a Península Ibérica (España, Portugal, Xibraltar e Andorra), sobre as illas Baleares e Canarias, e sobre Azores e Madeira.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A metrópole estrutúrase en vigairías. A sé central está en Madrid, onde reside o metropolita e onde ten a súa parroquia principal. As vigairías son as seguintes:

En Galicia ten catro parroquias, Vigo, Ourense, Santiago Apóstolo (sede en Santiago de Compostela) e Ourense/Lugo (sede en Monforte de Lemos), todas atendidas polo reverendo ecónomo Vasyl Savchuk.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centre d'Estudis Jordi Pujol (ed.). "Policarpo Stavrópoulos". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2014.  (en castelán)
  2. "Organización" sacrametropolisortodoxa.jimdo.com
  3. 3,0 3,1 Joaquín Mantecón, Dirección General de Asuntos Religiosos (edición) (2004). Ministerio de Xustiza (España), ed. Confesiones minoritarias en España: guía de entidades y vademécum normativo. pp. 237–238. ISBN 9788477878032. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]