Diocese católica latina de Acre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Xurxo, Acre, Israel.

O Bispo de Acre era un bispo sufragáneo do arcebispo de Tiro no Reino latino de Xerusalén, na Idade Media. Acre hoxe é Akko, en Israel.

Historia[editar | editar a fonte]

A introdución do cristianismo a Ptolemada, como se coñecía Acre na antigüidade, data dos tempos apostólicos. O apóstolo Paulo, regresando da súa viaxe a Macedonia, Acaia e Asia, arribou a Tiro, e desde alí viaxou a Ptolemais, onde ficou algúns días coa comunidade cristiá local (Feitos 21.7).

O primeiro bispo coñecido foi Claro, quen en 190 asistiu a un Concilio de bispos de Fenicia e Palestina para tratar o asunto da data da pascua. Mais hai que ir ata o século IV para atopar o próximo bispo, Eneas, quen participou no primeiro Concilio de Nicea en 325 e no sínodo levado a cabo en Antioquía en 341. Nectabo foi un dos padres do primeiro Concilio ecuménico de Constantinopla en 381. Entre séculos IV e V viviu o bispo Antíoco, adversario de Xoán Crisóstomo. Eladio participou no primeiro Concilio de Éfeso en 431. Paulo participou no Concilio de Antioquía de 445 para xulgar a obra de Atanasio de Perre e no Concilio de Calcedonia de 451. En 518 o bispo Xoán asinou unha carta sinodal contra Severo de Antioquía e o partido monofisita. Finalmente, o último bispo coñecido foi Xurxo, quen asistiu ao segundo Concilio de Constantinopla en 553.

Coa conquista dos cruzados no século XII, a cidade, chamada San Xoán de Acre, deveu parte do Reino de Xerusalén e converteuse nunha diocese de rito latino, con sede na Catedral da Santa Cruz. Contra a práctica e tradición eclesiásticas orientais, os cruzados pasaron a diocese, xunto con outra ao sur de Fenicia, do Patriarcado de Antioquía ao de Xerusalén.

Despois da caída de Xerusalén en 1187, a sé do patriarca mudou a San Xoán de Acre en 1191; o patriarca regresou a Xerusalén en 1229, cando a cidade foi devolta aos cruzados, e despois volveu a San Xoán de Acre en 1244. Acre tivo o seu propio bispo até 1263, cando os patriarcas de Xerusalén gobernaron a administración até a caída da cidade en mans dos musulmáns en 1291. O bispo máis famoso de Acre foi o cronista Jacques de Vitry.

Ptolemada, en Fenicia, sobrevive hoxe como sé titular; esta sé estivo vacante desde o 12 de setembro de 1988. Até mediados do século XIX tivo o nome de Aconensis ou Acconensis.

Lista dos bispos coñecidos de Acre[editar | editar a fonte]

Claro (finais do século II), Eneas (arredor dos anos 341-325), Nectabo (mencionado en 381), Antíoco (comezos de século V), Eladio (mencionado en 431), Paulo (antes de 445 - após 451), Xoán (mencionado en 518), Xurxo (mencionado en 553), Xoán († antes de 1135 – despois de 1133), Rorgo † (mencionado en 1147)

  • Hugo de le Mans?
  • Federico, arcebispo de Tiro c.1150
  • Quillerme
  • Xoscio, arcebispo de Tiro fl.1172
  • Rufino, morto na batalla de Hattin c. 1187
  • Xoán de Noyon, chanceler de Balduíno IX de Flandres, durante a cuarta cruzada
  • Florente c. 1208[1]
  • Jacques de Vitry 1216-1228
  • Raúl
  • Nicolao Arlon, O. Carm. † (27 de xuño de 1344)
  • Johann Goldener, O.S.A. † (14 Jan 1451)[2]
  • Bispo titular: bispo Armand de Rohan-Soubise-Ventadour (1742.07.30 – 1747.04.10)
  • Bispo titular: bispo Luiz de Castro Pereira, C.S.J. (1804.10.29 – 1822.08.01)
  • Bispo titular: bispo Maciej Pawel Mozdzeniewski (1815.07.10 – 1819.04.02)
  • Bispo titular: bispo Ferdinand Maria von Chotek (posterior arcebispo) (1817.04.14 – 1831.09.30)
  • Bispo titular: bispo François-René Boussen (1832.12.17 – 1834.06.23)
  • Bispo titular: arcebispo Alois Josef Schrenk (1838.02.12 – 1838.09.17)
  • Bispo titular: bispo Tommaso Feeny (Thomas Feeny) (1839.07.27 – 1848.01.11)
  • Bispo titular: bispo Cassien-Léonard de Peretti (1875.03.31 – 1892.02.22)
  • Arcebispo titular: arcebispo José Marcondes Homem de Melo (1906.12.06 – 1908.08.09)
  • Arcebispo titular: arcebispo Augustin Dontenwill, O.M.Eu. (1909.01.19 – 1931.11.30)
  • Louis Joseph El-Khazen, O.A.m. † (23 Feb 1919)
  • Bispo titular: bispo Louis-Eugène-Arsène Turquetil, O.M.Eu. (1931.12.15 – 1955.06.14)
  • Bispo titular: bispo Edmundo Luís Kunz (1955.08.01 – 1988.09.12)[3][4]
  • Joseph Khoury † (bispo auxiliar: 4 de maio de 1956 a 11 de decembro de 1959)
  • Camille Zaidan (13 de agosto de 2011) Confirmado arcebispo de Antelias (,aronita)
  • Joseph Emile Mouawad (16 de xuño de 2012)[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Steven Runciman, A History of the Crusades III, p.132.
  2. Diocese of Acre at Catholic Heirachy.org.
  3. Ptolemais in Phoenicia at GCatholic.org.
  4. Ptolemais in Phoenicia dei Maroniti at Catholic Heirachy.org.
  5. Le Petit Episcopologe, Issue 211, Number 17,519
  6. Bishops who are not Ordinaries of Sees Arquivado 08 de febreiro de 2015 en Wayback Machine..