Digimon Tamers
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Digimon Tamers | |
|---|---|
| デジモンテイマーズ (Dejimon Teimāzu) |
|
| Anime Digimon Tamers | |
| Dirixido por | Yukio Kaizawa |
| Estudio | Toei Animation |
| Canle televisiva | Fuji TV |
| Primeira emisión | 1 de abril de 2001 |
| Última emisión | 31 de marzo de 2002 |
| Núm. de capítulos | 51 |
| Traballos relacionados | |
Digimon Tamers (デジモンテイマーズ Dejimon Teimāzu?) é a terceira serie de animación baseada na franquía xaponesa Digimon.
Índice |
Argumento[editar]
A historia ten lugar inicialmente nun universo alternativo, nun mundo moi semellante á Terra, onde os digimons son só un negocio do entretemento, composto por videoxogos, cartas coleccionábeis, e series de televisión. Un grupo de tres rapaces de 12 anos[1] (10 na versión xaponesa), Takato, Henry e Rika (fans do xogo de cartas) coñecen ós seus propios compañeiros digimon reais, e comezan a loitar contra os outros digimon que cruzan a barreira entre a rede da información e o mundo real. A maioría da acción transcorre no barrio de Shinjuku en Tokyo, Xapón e tamén no Digital World durante un curto período de tempo. Digimon Tamers é significativamente máis escuro que as series predecesoras e a súa trama vai dirixida a audiencias máis maduras.
Personaxes[editar]
Personaxes princiapais[editar]
| Personaxe | Actor de dobraxe | Digimon | Actor de dobraxe | |
|---|---|---|---|---|
| Takato Matsuki Matsuda Takato (松田 啓人) |
Makoto Tsumura (XAP) | Guilmon | Masako Nozawa (XAP) | |
| Un imaxinativo rapaz que crea el mesmo ó seu compañeiro digimon, e que gradualmente xorde como o líder non oficial do grupo. Imaxinou a Guilmon e deulle a vida despois de descubrir o seu Digivice. | ||||
| Henry Wong Li Jianliang/Ri Jenrya (李 健良) |
Mayumi Yamaguchi | Terriermon | Aoi Tada | |
| Un rapaz medio xaponés, medio chinés, e a voz da razón dentro do grupo. El escolle a Terriermon como compañeiro nun videoxogo. | ||||
| Rika Nonaka Makino Ruki (牧野 留姫) |
Fumiko Orikasa | Renamon | Yuka Imai | |
| Unha rapaza forte e decidida, campioa do xogo de cartas de Digimon e inicialmente a que máis experiencia ten nas batallas reais Digimon. Escolle a Renamon polo único desexo de ter un compañeiro forte. | ||||
| Ryo Akiyama Akiyama Ryō (秋山 リョウ) |
Junichi Kanemaru | Cyberdramon | Ikkei Seta | |
| Un enigmático rapaz que desapareceu no mundo dixital despois de gañarlle a Rika e tomar o primeiro lugar no Torneo de Cartas de Digimon. | ||||
| Jeri Katou Katō Juri (加藤樹莉) |
Yoko Asada | Leomon | Hiroaki Hirata | |
| Unha das compañeiras do colexio de Takato. Ten unha pobre relación co seu pai como resultado da morte da súa nai. | ||||
| Kazu Shioda Shiota Hirokazu (塩田 博和) |
Yukiko Tamaki | Guardromon | Yanada Kiyoyuki | |
| Un dos mellores amigos de Takato e Kenta, que xoga a miúdo con eles ó xogo de cartas Digimon. Idolatra a Ryo por ser o campión do xogo. | ||||
| Kenta Kitagawa Kitagawa Kenta (北川 健太) |
Tōko Aoyama | MarineAngemon | Ai Iwamura | |
| Un dos amigos de Takato e Kazu. El es moito máis resignados e menos dado a falar sen pensar en comparación con Kazu. | ||||
| Suzie Wong Li Shaochung/Ri Shiuchon (李 小春) |
Ai Nagano | Lopmon | Aoi Tada | |
| A irmá pequena de Henry. Nun principio non sabe que Terriermon é real, e trátao coma se fose un dos seus peluches. | ||||
| Ai e Mako Ai (アイ) e Makoto (マコト) |
Haruhi Terada & Miwa Matsumoto | Impmon | Hiroki Takahashi | |
| Dous nenos pequenos que coñeceron a Impmon cando este acababa de chegar por primeira vez ó mundo real; a súa experiencia con eles dous xeraron nel o seu desagrado cos seres humanos. Reconcílianse con Impmon preto do fin da tempada. | ||||