Digimon Data Squad
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Digimon Data Squad | |
|---|---|
| デジモンセイバーズ (Digimon Savers) |
|
| Anime Digimon Data Squad | |
| Dirixido por | Naoyuki Itou |
| Estudio | Toei Animation |
| Canle televisiva | Fuji TV |
| Primeira emisión | 2 de abril de 2006 |
| Última emisión | 25 de marzo de 2007 |
| Núm. de capítulos | 48 |
| Traballos relacionados | |
Digimon Data Squad, coñecido en Xapón como Digimon Savers (デジモンセイバーズ Dejimon Seibāzu?) é a quinta serie de animación da franquía nipona Digimon.
Índice |
[editar] Argumento
Un rapaz de 14 anos, Marcus Damon, un imbatible loitador (loitador urbano na versión orixinal xaponesa), coñece a Agumon, un digimon que escapou de DATS, nuha organización secreta do goberno creada para defender ó mundo dos humanos da invasión de digimons salvaxes. Despois de loitar un contra o outro, os dous fanse amigos rapidamente un do outro, e a partir dunha serie de eventos, son incorporados en DATS, onde teñen a esperanza de facerse máis fortes.
[editar] Personaxes
[editar] Personaxes principais
| Personaxe | Actor de dobraxe | Digimon | Actor de dobraxe | |||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Marcus Damon Daimon Masaru |
Soichiro Hoshi | Agumon | Taiki Matsuno | |||
| O principal protagonista da serie, Marcus Damon é o fillo do investigador Spencer Damon, quen desapareceu no misterioso mundo coñecido como Digital World fai 10 anos. Forte e valente, Marcus considérase a si mesmo o número un dos loitadores definitivos. Despois de coñecer a Agumon, convértese en aliado dos Digimon despois de recibir un Digivice do misterioso home, Homer Yushima. | ||||||
| Thomas H. Norstein Touma H. Norstein |
Hirofumi Nojima | Gaomon | Kazuya Nakai | |||
| Graduado pola universidade de Stockholm á idade de 13 anos, Thomas H. Norstein é un prodixio medio austríaco, medio xaponés. Gran boxeador e xenio nos estudos, Thomas é un membro vital do equipo de DATS. | ||||||
| Yoshino "Yoshi" Fujieda Fujieda Yoshino |
Yui Aragaki | Lalamon Raramon |
Yukana | |||
| Yoshi é unha rapaza de 18 anos e o terceiro membro do equipo. Ela e a súa compañeira Lalamon son amigas dende moito tempo atrás. | ||||||
| Keenan Crier Noguchi Ikuto |
Rie Kugimiya | Falcomon | Chie Kojiro | |||
| Keenan é un misterioso neno de 10 anos de idade, quen anos antes do comezo da historia, perdeuse por accidente a través dun Portal Dixitale foi criado por un digimon chamado Frigimon, quen foi destruído nunha masacre organizada por un home chamado Akihiro Kurata. | ||||||