Digimon Adventure 02
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Digimon Adventure 02 | |
|---|---|
| デジモンアドベンチャー 02 (Dejimon Adobenchā 02) |
|
| Anime Digimon Adventure 02 | |
| Dirixido por | Hiroyuki Kakudou |
| Estudio | Toei Animation |
| Canle televisiva | Fuji TV |
| Primeira emisión | 2 de abril de 2000 |
| Última emisión | 25 de marzo de 2001 |
| Núm. de capítulos | 50 |
| Traballos relacionados | |
Digimon Adventure 02 (デジモンアドベンチャー 02 Dejimon Adobenchā Zero Tsū?) é unha serie de animación xaponesa, secuela de Digimon Adventure e a trama ten lugar tres anos despois da serie orixinal.
Índice |
Argumento [editar]
Os personaxes principais de Digimon Adventure están agora no instituto, e o Digital World está supostamente en paz e a salvo. Pero, un novo mal aparece nese mundo na forma do Digimon Emperor (Digimon Kaiser). Este novo malvado é diferente, pois é humano ó igual que os nenos elixidos. O Digimon Emperor estivo escravizando ós Digimon, por medio dos Aneis Negros e as Agullas de Control, e ademais fixo que agora sexa imposíbel a Digivolución normal. Tres novos nenos son escollidos para salvar o Digital World e, xunto con T.K. e Kari, forman a nova xeración de nenos elixidos.
Personaxes [editar]
Personaxes principais [editar]
| Personaxe | Actor de dobraxe | Digimon | Actor de dobraxe |
|---|---|---|---|
| Davis Motomiya Motomiya Daisuke (本宮 大輔) |
Reiko Kiuchi (XAP) | Veemon V-mon |
Junko Noda (XAP) |
| O novo líder dos nenos elixidos. Ó igual que Tai da primeira serie, é valente, pero moi testán e impulsivo. Está namorado de Kari, e por iso ten unha certa rivalidade con T.K. Ten os digi ovos do Valor e da Amizade. | |||
| Yolei Inoue Inoue Miyako (井ノ上 京) |
Rio Natsuki | Hawkmon | Kōichi Tōchika |
| Unha enerxética nova nena elixida. Ela é obstinada e testalana por veces, pero aseméllase a Izzy cando se trata de súas habilidades informáticas e coñecementos técnicos. Ten os digi ovos do Amor e da Sinceridade. | |||
| Cody Hida Hida Iori (火田 伊織) |
Megumi Urawa | Armadillomon Armadimon |
Megumi Urawa |
| É o máis novo da nova xeración, pero a pesar disto, é moi maduro e pensa as cousas con coidado, igual que Joe de Digimon Adventure. Ten os digi ovos do Coñecemento e a Sinceridade. | |||
| T. K. Takaishi Takaishi Takeru (高石 タケル) |
Taisuke Yamamoto | Patamon | Miwa Matsumoto |
| É un dos nenos elixidos de Digimon Adventure, e é o irmán pequeno de Matt. Dende a primeira serie, chegou a ser más sensato nas situacións perigosas. Ten o digi ovo da Esperanza. | |||
| Kari Kamiya Yagami Hikari (八神 ヒカリ) |
Kae Araki | Gatomon Tailmon |
Yuka Tokumitsu |
| Ela é un dos oito nenos elixidos de Digimon Adventure, e é a irmá pequena de Tai. Nesta serie, Kari volveuse máis extravertida e optimista. Ten o digi ovo da Luz. | |||
| Ken Ichijouji Ichijōji Ken (一乗寺 賢) |
Romi Park | Wormmon | Naozumi Takahashi |
| Presentado como un prodixio no deporte e nos resultados académicos, Ken foi un neno elixido un ano antes que o resto dos personaxes principais da serie. As súas habilidades foron reforzadas por unha Agulla de Control, pero volveuno tolo e converteuse no Emperados Digimon. Comezou a conquistar o mundo dixital, pensando que era un simple videoxogo. Máis tarde únese e faise amigo do grupo, arrepentido por como se portara cos nenos elixidos, innumerables Digimon, e cos seus pais. Durante o tempo como Emperador Digimon, Ken era distante e cruel, pero despois volveu ser un rapaz normal e amable. | |||