Dibamus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dibamus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Dibamia
Familia: Dibamidae
Xénero: Dibamus
Duméril & Bibron, 1839
Especies
Vexase o texto

Dibamus é un xénero de réptiles escamosos da suborde dos lacertilios, unha das dúas integradas, canda Anelytropsis, na familia dos dibámidos,[1][2] que, á súa vez, e a única incluída na infraorde dos dibamios,[3] da que é o seu tipo.


Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1839 polo zoólogo e naturalista francés André Marie Constant Duméril e polo tamén zooólogo francés, especializado en herpetoloxía, Gabriel Bibron,[1][4] na súa obra Erpétologie générale ou histoire naturelle complète des reptiles. Tome cinquième [Volume 5]. París: Roret.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Os nome científico Dibamus, está tirado do grego antigo διβάμος dibámos, "de dúas patas",[5] aludindo a que as súas especies só presentan dúas diminutas patas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo The Reptile Database, na actualidade recoñécense dento do xénero as 24 especies seguintes:[6]

Características[editar | editar a fonte]

Os dibámidos caracterízanse polo seu corpo delgado, cilíndrico, alongado e por unha aparente falta de extremidades.[9] A femias carecen completamente de extremidades, e os machos presentan só as extremidades posteriores, moi pequenas e con forma de aleta, que utilizan para agarraren a súa parella durante o apareamento.[9][10]

O seu cranio está rixgidamente fusionado, carecen de dentes pterigoides e de oído externo. Os seus ollos están moi reducidos e cubertos por unha escama.[10] Desbido a esta últimas característica son coñecidos na bibliografía internacional co nome vulgar de lagratos cegos (do inglés blind lizards).

Bioloxía e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Os dibámidos habitan en México, o sueste asiático, nas illas Filipinas e no oeste de Nova Guinea.[11] Son pequenos lagartos insectívoros, de corpo longo e delgado, adaptados para escavaren no solo.[11] Polo xeral, poñen un só ovo, cunha casca dura e calcificada, en lugar das cascas coriáceas típicas de moitos outros grupos de réptiles.[10][12]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Recentes análises filoxenéticas sitúan aos dibámidos como un clado irmán de todos os outros lagartos e das serpes. [13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Family Dibamidae Boulenger, 1884 en The Taxonomicon.
  2. Dibamidae Boulenger, 1884 no ITIS.
  3. Monotypic taxon: Suborder Dibamia Gasc, 1968 en The Zoonomen.
  4. Dibamus Duméril and Bibron, 1839 no ITIS.
  5. Dibamus en: Jaeger, Edmund C. (1944): Source-book of biological names and terms. Springfield: Charles C. Thomas, p. 71.
  6. Dibamia na TRD.
  7. Neang, T.; Holden, J.; Eastoe, T.; Seng, R.; Ith, S. & Grismer, L. L. (2011): "A new species of Dibamus (Squamata: Dibamidae) from Phnom Samkos Wildlife Sanctuary, southwestern Cardamom Mountains, Cambodia". Zootaxa 2828: 58-68.
  8. Dibamus floweri Quah, Anuar, Grismer, & Grassby-Lewis, 2017 en The Reptiles Database.
  9. 9,0 9,1 Vitt, Laurie J.; Caldwell, Janalee P. (2014). Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles (4th ed.). Amsterdam. ISBN 978-0-1238-6919-7. OCLC 839312807. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Greer, Allen E. (1985). "The Relationships of the Lizard Genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of Herpetology 19 (1): 116–156. ISSN 0022-1511. JSTOR 1564427. doi:10.2307/1564427. 
  11. 11,0 11,1 Pough, F. Harvey (18-11-2015). Herpetology (Fourth ed.). Sunderland, Massachusetts, USA. ISBN 978-1-6053-5233-6. OCLC 908397943. 
  12. Cogger, Harold G.; Zweifel, Richard George, eds. (1998). Encyclopedia of Reptiles & Amphibians (2nd ed.). San Diego, California. ISBN 0-1217-8560-2. OCLC 39559811. 
  13. Tonini, João Filipe Riva; Beard, Karen H.; Ferreira, Rodrigo Barbosa; Jetz, Walter; Pyron, R. Alexander (01-12-2016). "Fully-sampled phylogenies of squamates reveal evolutionary patterns in threat status". Biological Conservation. Advancing reptile conservation: Addressing knowledge gaps and mitigating key drivers of extinction risk 204: 23–31. ISSN 0006-3207. doi:10.1016/j.biocon.2016.03.039. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]