Adelchis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adelchis foi un príncipe longobardo de Italia, fillo do rei Desiderio. Sendo elixido o seu pai en 757, foi asociado ao trono en 759.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras a capitulación do seu pai en Pavía cercada polos francos de Carlomagno (marzo de 774), vendo o final irremediábel do reino longobardo, decide fuxir e refúxiase en Bizancio (775) onde recibe o título de patricio.

Desde Bizancio, espera poder reconquistar o reino longobardo e tomar o poder, pero fracasa na súa tentativa de invasión de Italia meridional, apoiado pola emperatriz Irene; é rexeitado en 787 por unha coalición composta polo xove príncipe longobardo Grimoaldo III de Benevento, vasalo de Carlomagno, e os francos. Morre no curso da expedición ou pouco despois en Bizancio, en 788.

Posteridade[editar | editar a fonte]

Inspirou a obra do escritor italiano Manzoni, Adelchi (nome italiano de Adelchis)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]