Delta-DOR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema de uso
Esquema de uso

Delta-DOR (delta - Differential One-way Range) é unha técnica de navegación ultra preciasa do espazo profundo desenvolta pola ESA para coñecer distancia e velocidade (celeridade e dirección) das naves espaciais nas súas viaxes.[1] Ten unha precision de centos de metros en distancias de 100 millóns de km. Usa o efecto Doppler para saber da velocidade, e a referencia de quásar afastados para eliminar erros, en particular debidos ó efecto da atmosfera terrestre.

A técnica comezou a ser usada coa posta en marcha da Estación de Seguimento de Satélites de Espazo Profundo de Cebreros (DSA 2), segunda antena para o espazo profundo da ESA, no 2005.[2] Na actualidade (2018), fai uso das estacións de espazo profundo de 35 m da ESA en New Norcia (DSA 1, Australia Occidental), Cebreros (DSA 2, preto de Madrid), e Malargüe (DSA 3, na Arxentina).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ultra-precise navigation". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-07. 
  2. esa. "About delta DOR". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-07. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina de Delta-DOR na web da ESA.