Rise Against
| Rise Against | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Chicago, Illinois, |
| Período | 1999 - actualidade |
| Xénero(s) | hardcore punk, punk rock, hardcore melódico |
| Selo(s) discográfico(s) | Fat Wreck Chords, Geffen, DGC, Interscope |
| Membros | Tim McIlrath Joe Principe Brandon Barnes Zach Blair |
| Antigos membros | Toni Tintari Mr. Precision Todd Mohney Kevin White Chris Chasse |
| Web oficial | http://www.riseagainst.com/ |
Rise Against é unha banda estadounidense de punk rock procedente de Chicago, Illinois e formada en 1999. Na actualidade está composta por Tim McIlrath (voces, guitarra), Zach Blair (guitarra, coros), Joe Principe (baixo, coros) e Brandon Barnes (batería, percusión).
Rise Against pasou os seus primeiros cinco anos co selo independente Fat Wreck Chords, a través do cal editou dous álbums de estudio, The Unraveling (2001) e Revolutions per Minute (2003). Ámbolos dous tiveron un éxito considerable no underground, e no ano 2003 o grupo asinou un contato con Geffen.
A súa estrea cunha grande discográfica, Siren Song of the Counter Culture, fixo que a banda conseguise éxito entre o grande público. O seu cuarto álbum de estudio, The Sufferer & the Witness estreouse no número 10 da lista Billboard 200 e tivo moi boas críticas. O quinto traballo, Appeal to Reason, apareceu en outubro do 2008 e estreouse no número 3 da Billboard 200. Os tres álbum editados por Geffen foron certificados platino en Canadá e ouro nos Estados Unidos.
A banda é coñecida polas súas letras políticas e o seu activismo, promovendo activamente os dereitos dos animais, sendo todos os seus membros straight edge (agás Barnes), apoian a PETA e son vexetarianos. Rise Against recentemente gravou o seu sexto álbum, Endgame at The Blasting Room, en Fort Collins, e foi editado o 15 de marzo do 2011.
Índice |
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- The Unraveling - 2001 (Fat Wreck Chords)
- Revolutions per Minute - 2003 (Fat Wreck Chords)
- Siren Song of the Counter Culture - 2004 (Geffen Records)
- The Sufferer & the Witness - 2006 (Geffen Records)
- Appeal to Reason - 2008 (DGC, Interscope)
- Endgame - 2011 (DGC, Interscope)
EPs [editar]
- AOL Undercover - 2007 (Geffen Records)
- This Is Noise - 2007 (Geffen Records)
- Rise Against 7" - 2009 (Fat Wreck Chords)
- Join the Ranks - 2011 (Fat Wreck Chords)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)