Arredor desta data comeza a súa carreira artística Zeuxis (até ca. -390), xunto con Parrasio, os pintores máis célebres da súa época. Non subsiste nada da obra de ambos.
Lei Emilia (Lex Aemilia): a instancias do ditador romano Emilio Mamerco as funcións de censor pasan a durar só 18 meses fronte aos 5 anos que até esa altura duraban.
Batalla de Sibota - Combate naval entre Atenas e Corcira por unha banda, contra Corinto, por outra: resultado indeciso que cada bando contendente reclama para si.