Cuchuco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuchuco

Cuchuco de trigo en Sogamoso.
Orixe Colombia
Ingredientes
Orixe animal Carne de porco
Orixe vexetal Chícharo
Cenoria
Pataca picada
Allo
Cebola
Condimentos Coandro
Guascas
Loureiro

Cuchuco é un alimento que consiste en millo, orxo ou trigo en gran pelado e tronzado ou semimoído, que se usa para facer sopas en Colombia, especialmente no altiplano dos departamentos de Boyacá e Cundinamarca.[1]

Por extensión é tamén o nome da sopa preparada co gran: cuchuco de millo ou cuchuco de trigo e cuchuco de orxo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra é un americanismo de orixe indíxena muisca.[2][3]

Pedro José Ramírez Sendoya propón que o termo provén de Kuchuchu,- Raíz comestible (Ts, 175). Kuchuku,- rebanar, cortar (Ts, 130) ou do Kulino : Cuchuco - Millo., ou do matsés Schuki - millo.[4]

Uso e preparación[editar | editar a fonte]

Orixinalmente era un alimento popular pois era o remanente da moenda dos cereais para elaborar as fariñas que eran consumidas polas clases sociais con maiores recursos.

Cocíñase para facer unha sopa mesta, usualmente con carne de porco, chícharos, cenoria, pataca picada e adobos como allo, cebola e coandro, guascas ou loureiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ocampo López, Javier. Folclor, costumbres y tradiciones colombianas. Plaza y Janes Editores Colombia s.a., 2006. ISBN 958-14-0372-8, 9789581403721
  2. Malaret, Augusto. Diccionario de americanismos Volume 61 de Biblioteca Emecé de obras universales: Referencia y varios. Editor Emecé Editores, 1946
  3. Rozo Gauta, José. Alimentación y medicina entre los muiscas. Estudios culturales CIAM. Ediciones Naidí, 1998. ISBN 958-96300-3-0, 9789589630037
  4. Diccionario Indio del Gran Tolima. Editorial Minerva LTDA. R498.6 R15d 19 ed. (Biblioteca Luis Ángel Arango). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]