Crisocola
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Crisocola | |
|---|---|
| Crisocola coa súa típica cor verde | |
| Fórmula química: | CuSiO3·2H2O |
| Clase: | Silicatos |
| Subclase: | Filosilicatos |
| Sistema cristalino: | Monoclínico |
| Cor: | Verde e azul |
| Brillo: | De vítreo a graso |
| Dureza: | 2-4 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Moi imperfecta |
| Raia: | Branca verdosa |
| Densidade: | 2-2,2 g/cm3 |
A crisocola é un mineral da clase dos silicatos de fórmula química CuSiO3·2H2O (fórmula química variable segundo as condicións de crecemento; en ocasións pode presentar aluminio na súa composición) e que cristaliza no sistema monoclínico.
Índice |
[editar] Aspecto
De cor verde, a crisocola rara vez preséntase na súa forma cristalina. Faino en forma de agregados amorfos e esqueletiformes, racimos, masas de pouco espesor e costras.
[editar] Lugares onde se atopa
A crisocola atópase a miúdo en asociación coa malaquita. Tamén pódese atopar crisocola en xacementos de azurita, cuprita e limonita. É pois, un mineral típico das zonas de oxidación.
[editar] Usos da crisocola
A crisocola é utilizada como pedra ornamental e é moi valorada polos coleccionistas.
[editar] Outros silicatos
A olivina, o cuarzo, o feldespato e as micas son outros silicatos a ter en conta.