Cuprita
| Cuprita | |
|---|---|
| Fórmula química: | Cu2O |
| Clase: | Óxidos |
| Subclase: | {{{subclase}}} |
| Sistema cristalino: | Cúbico |
| Cor: | Marrón arrubiado, púrpura arrubiado, negro arrubiado |
| Brillo: | Adamantino de submetálico a brillante |
| Dureza: | 3,5 a 4 (escala de Mohs) |
| Fractura: | Concoidal en fragmentos pequenos |
| Exfoliación: | {{{exfoliacion}}} |
| Raia: | Vermella pardusca |
| Densidade: | 6,1 g/cm3 |
A cuprita é un mineral do grupo dos óxidos. Quimicamente é un óxido cuproso de cor vermella que adoita estar alterado superficialmente en malaquita verdosa. A variedade calcotriquita toma aspecto de agregado de cristais capilares alongados, semellante a unha cabeleira.
Foi descrita por primeira vez en 1845 e o seu nome provén do latín cuprum, polo seu alto contido en cobre, e calcotriquita do grego chalcotrichite, significando cobre melenudo.
Índice |
Ambiente de formación [editar]
A cuprita é un mineral secundario, que se forma na zona de oxidación dos depósitos de outros minerais de cobre, polo que frecuentemente aparece asociado ao cobre nativo, azurita, crisocola, malaquita, tenorita e a unha gran variedade de minerais de óxido de ferro.
Localización [editar]
É un importante mineral extraído nas minas como mena do cobre. Áchase en moitas minas importantes por todo o mundo, xa que abunda en calquera sitio onde haxa minerais de cobre.
Usos [editar]
A pesar da súa bela cor, non se emprega na xoiería debido á súa baixa dureza e ao seu escaso tamaño. Aínda que en 1970 descubriuse un depósito en Sudáfrica que sacudiu ao mundo xemolóxico ao producir cristais de gran tamaño e tallables, producindo pedras de máis dun quilate.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., Wiley, ISBN 0-471-80580-7
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Mindat (en inglés)
- Webmineral data (en inglés)
- Sitio Web con datos de Cuprita (en castelán)