Azurita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Azurita | |
|---|---|
| Azurita masiva | |
| Fórmula química: | Cu3(CO3)2(OH)2 |
| Clase: | Carbonatos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Monoclínico |
| Cor: | Azul |
| Brillo: | De vítreo a terroso |
| Dureza: | 3,5-4 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Perfecta |
| Raia: | Azul |
| Densidade: | 3,7-3,9 g/cm3 |
A azurita (tamén chamada chesilita ou malaquita azul) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é Cu3(CO3)2(OH)2 (contén un 69,2% de cobre, un 25,6% de CO2 e un 5,2% de auga).
Índice |
[editar] Aspecto
A azurita preséntase normalmente formando agregados cristalinos. Tamén o fai de forma masiva e de costras. Ten unha cor azul característica.
[editar] Lugares onde se atopa
A azurita atópase en zonas de oxidación, formada pola acción de solucións hidrocarbonatadas sobre sulfuros de cobre, case sempre en drusas, en asociación coa malaquita e coa cuprita.
[editar] Usos da azurita
A azurita é utilizada coma fonte secundaria de cobre.
En ocasións é usada para a fabricación de xoias, pero a súa consistencia e tendencia a perder a súa cor e converterse en malaquita, limita a súa manexabilidade. Xa que a calor a destrúe con certa facilidade, a azurita debe ser traballada a temperatura ambiente.
[editar] Propiedades
A azurita é tóxica disolta en auga. Non debe ser utilizada baixo ningunha circunstancia para adornar acuarios de auga salgada. Así mesmo, non existe perigo algún de envelenamento ó manexala coas mans.
[editar] Outros carbonatos
A malaquita, a aragonita e a calcita son outros carbonatos coñecidos.