Cotiledón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Herba medrando na esquerda (unha Monocotiledónea), amosando un só cotiledón. Comparada cunha Dicotiledónea (dereita)
O cotiledón (do grego kotyledon = oco en forma de copa) é unha especie de folla embrionaria presente no embrión dunha planta con semente. Serven para gardar e absorber nutrientes situados nas sementes ata que a plántula pode producir as súas verdadeiras follas e realizar a fotosíntese. O número de cotiledóns serve para a clasificación das plantas con flor en Dicotiledóneas, cando teñen dous, e Monocotiledóneas, cando teñen un.