Faballón
| Faballón | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vicia faba, ilustración de Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885. |
|||||||||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
| Non está ameazada | |||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||
| Vicia faba L. |
|||||||||||||||||||||
| {{{subdivision_ranks}}} | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
Chámase faballón, faba loba ou fabaca a semente comestible da planta Vicia faba, da familia Fabaceae
Índice |
Características [editar]
A planta do faballón é recta e ergueita, con talos fortes de até 1,6 metros de altura. Amosa follas alternas, paripinnadas e compostas.
As flores preséntanse en acios de 2 a 8, con pétalos brancos manchados de violeta, púrpura ou negro.
O froito é un legume, posúe unha vaíña alongada de lonxitude entre 10 e 30 cm. Dentro da vaíña dispóñense as sementes formando unha ringleira.
As sementes son oblongas e de cor verde - amarela, e cun peso de un ou dous gramos.
Como no caso doutras fabáceas, teñen a propiedade de afixar nitróxeno no chan; malia un 80% del ser consumido pola propia planta, o 20% restante mellora a fertilidade da terra, razón pola cal o seu cultivo é empregado en sistemas de rotación para fortalecer solos esgotados.
Cultivo [editar]
Orixinario da conca mediterránea, hoxe cultivase en todo o mundo.
O faballón desenvólvese ben en case todos os tipos de chan. Precisa abundante humidade e uns 700 mm anuais de choiva. tolera as xeadas, polo que se pode adaptar ás condicións de montaña.