Corallus batesii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Corallus batesii
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Boidae
Xénero: Corallus
Especie: Corallus batesii
Sinonimia

Corallus batesii é unha especie de boa arborícola das selvas tropicais de América do Sur. Esta especie foi revalidada a partir da sinonimia de Corallus caninus, da cal foi separada, por Henderson e colegas en 2009.[2][3]

Taxonomía e etimoloxía[editar | editar a fonte]

Esta especie describiuna orixinalmente o naturalista inglés John Edward Gray co nome Chrysenis batesii en 1860.[4] O nome específico batesii púxoselle en honra de Henry Walter Bates, naturalista e explorador inglés, descubridor do mimetismo batesiano.[5] Despois a especie considerábase que formaba parte da especie Corallus caninus, da que foi separada por Henderson en 2009 baseándose nas súas diferenzas morfolóxicas.[6]

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta especie da cunca amazónica ten un ventre amarelo e un dorso verde escuro con liñas vertebrais brancas, que teñen barras cruzadas parciais confluentes, a miúdo beireadas por algunhas manchas negras. Corallus batesii difire de C. caninus pola forma e o número das súas escamas do fociño. C. batesii é maior que C. caninus, e medra ata unha lonxitude total (incluíndo a cola) de aproximadamente 2,7 m.[7]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Esta especie da "Cunca" (a diferenza da especie do escudo güianés, C. caninus), como indica o seu nome, encóntrase na cunca do Amazonas, sur de Suriname, sur de Venezuela ata Colombia, o Perú e o Brasil e nas selvas que rodean o río Amazonas.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McDiarmid RW, Campbell JA, Touré T (1999). Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, Volume 1. Washington, District of Columbia: Herpetologists' League. 511 pp. ISBN 1-893777-00-6 (series). ISBN 1-893777-01-4 (volume).
  2. 2,0 2,1 Corallus batesii na Reptarium.cz Reptile Database. Acceso 30 July 2016.
  3. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "'Corallus batesii ' (TSN 951223)" (en inglés). 
  4. Gray JE (1860). "Description of a New Genus of Boidæ discovered by Mr. Bates on the Upper Amazon". Annals and Magazine of Natural History, Third Series 6: 131-132. (Chrysenis batesii, new species). (original text).
  5. Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Corallus batesii, p. 19).
  6. Henderson, Robert W.; Passos, Paulo; Feitosa, Darlan (3 September 2009). "Geographic Variation in the Emerald Treeboa, Corallus caninus (Squamata: Boidae)". Copeia 2009 (3): 572–582. JSTOR 25622941. 
  7. Henderson, Robert W.; Pauers, Michael J.; Colston, Timothy J. (2013). "On the congruence of morphology, trophic ecology, and phylogeny in Neotropical treeboas (Squamata: Boidae: Corallus)". Biological Journal of the Linnean Society 109 (2): 466–475. doi:10.1111/bij.12052. 
  8. Bernarde PS, Albuquerque S, Barros TO, Turci LCB (2012). "Serpentes do Estado de Rondônia, Brasil ". Biota neotrop. 12 (3): 1-29. (en portugués).