Conversa usuario:Lucíapenedo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Lucíapenedo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola, benvid@ á Galipedia.

Por favor, bótalle un ollo á Wikipedia:Guía de edición e ao Wikipedia:Libro de estilo.

Grazas, saúdos.--. HombreDHojalata.conversa 13:43, 6 de marzo de 2012 (UTC)

Lucía, xa existe un artigo que fala da Luz, co cal deberías ampliar ese artigo (non se poden ter artigos duplicados); despois metes un pouco a zoca co libro de estilo, un título agás a súa 1ª letra vai en minúsculas excepto se é un nome propio, por exemplo Utopia Planitia, así pois o título seria A luz e as súas propiedades, e ademais as súas propiedades tería que ser un apartado dentro do artigo, así pois debería quedar coma A luz (se non existise Luz), o de por así o título ... tamén se pode dicir dos títulos dos apartados, só a 1ª letra vai en maiúsculas e sobre todo e o máis importante, tes que por referencias que indiquen un pouco de onde sacas a información; e tamén non se pon A LUZ coma apartado, xa lle serve o título do artigo, asi a 1ª explicación queda por riba da caixa do índice e tamén fai de resumo. Se precisas axuda, dimo, que malo sexa que non ande parte do día pola Galipedia.--Xabier Cancela (fálame) 11:47, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Reitero o dito por Xabier. Agora temos dous artigos sobre as propiedades da luz:
Intenta fusionar os dous artigos para non termos os contidos repetidos. E quizais o mellor será que despois se inclúa nun apartado do artigo principal sobre a luz. Pregunta se tes dúbidas. Un saúdo! --Toliño Fala aquí comigo 14:23, 5 de marzo de 2012 (UTC)