Conversa usuario:Lucía Miranda Rojo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Lucía Miranda Rojo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 26 de decembro de 2020 ás 17:13 (UTC)[responder]

Castelao[editar a fonte]

Ola, Lucía. Revertín a túa edición no artigo de Castelao. Ten en conta que se trata dun artigo de calidade, e polo tanto cabe supor que ten uns contidos equilibrados e proporcionados. Daquela, ninguén pode de boas a primeiras engadir tres parágrafos sen achegar as debidas referencias par cada afirmación. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Moitas grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 26 de decembro de 2020 ás 17:16 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Lucía Miranda Rojo. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2020 ás 10:48 (UTC)[responder]

Ola Lucía, benvida ao proxecto.

Vou retirar o texto que engadiches en "Castelao", por varios motivos (amais da ortografía e a falta de formato wiki (Axuda:Como editar unha páxina).

O expresado no primeiro parágrafo non se da atopado na referencia dada (Carballo-Calero Ramos, María Victoria; Valeriano Bozal; Diana Vilas (2017). Castelao. Monografía sobre Castelao artista (PDF). Deputación da Coruña. p. ???. ISBN 978-84-9812-304-3. )

É moi valorativo ("Castelao tentou...", "pretende", "o seu obxectivo era...", "quere transmitirnos" ) é non achegas referencias acreditada abondo para iso (WP:NFP, WP:V, WP:CITE...). En ocasións non queda claro quen é o que se di de quen, se se está a falar de Castelao ou dos mestres.

De A derradeira leición do mestre (feito en Buenos Aires 1945), que ten artigo de seu e aí é onde debe desenvolverse, tiras unha serie de conclusións, subxectivas, que non referencias. Dis "Móstranos os avances que se realizaron grazas ao esforzo e implicación persoal enorme destes docentes para asentar as bases da educación pública, tal e como hoxe coñecémola, cunha transformación con ideas pedagóxicas renovadoras que se viu truncada coa explosión da Guerra Civil.".

Despois de falar dese cadro de 1945 pasas a falar de Cousas dos nenos como si fose outra obra, un libro, posterior. Penso que Castelao non publicou ningún libro que se chamase Cousas de nenos (corríxeme se me equivoco). Hai edicións de varias editoriais con ese título, ou similar, que son recolleitas de viñetas dispersas en varias publicacións anteriores.

Atribúes a Castelao cousas que non di Castelao, as din os autores do libro (M.ª V. Carballo-Calero, Bozal e Vilas).

por exemplo:

ti dis: "El considera que a escola é o marco de socialización fundamental da infancia."

a fonte di: "De todas as «historias dos nenos», aquelas que se refiren á educación e á escola son das máis abondosas na obra do rianxeiro, algo que é de entender se temos en conta que a escola –xunto coa familia– é o marco de socialización fundamental da infancia."

En definitiva, cita, por favor, as fontes (que non podes plaxiar) e procura unha redacción obxectiva e precisa, propia dunha enciclopedia.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2020 ás 11:36 (UTC)[responder]