Conversa usuario:David Márquez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, David Márquez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Alberte Si, dígame? 13:24, 14 decembro 2009 (UTC)

Imaxe que non permite o uso comercial[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non permitir o uso comercial
Perigo


Ficheiro:Portada Fullmetal Alchemist.jpg

Ola David Márquez, benvido e grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta imaxe hai un problema. Non é posible mantela na Galipedia porque, conconte as normas de tódalas Wikipedias, tódalas imaxes presentes nas mesmas deben permitir o uso comercial e a realización de obras derivadas.

Marqueina para que se realice un borrado rápido. se algo non comprendes ou se hai algunha dificultade coa que te encontres, coméntame. Quizais poida botarche unha man. Un cordial saúdo.-- Lmbuga / Conversa comigo  22:06, 18 decembro 2009 (UTC)

Retiri a imaxe do arquivo Fullmetal Alchemist para facilitar o seu borrado e evitar que o copyvio teña máis exposición pública-- Lmbuga / Conversa comigo  22:10, 18 decembro 2009 (UTC)
Sinto ter propiciado que a túa resposta non sexa cordial, non era a miña intención.
En primeiro lugar, desexo indicarche que eu son un usuario como outro calquera e que se desexas queixarte da miña actuación tes a páxina Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios, ou a páxina Wikipedia:A Taberna (quizais menos apropiada), para queixarte.
En segundo lugar, desexo expresarche que eu perdo parte do meu tempo sen compensación ningunha por facer o que fago, é dicir, por revisar as imaxes que se soben e darche estas explicacións a ti e outros usuarios (os administradores deste proxecto tampouco cobran, dígoo por se non o sabías).
Persoalmente preferiría que tiveramos na conversa un ton máis tranquilo.
En terceiro lugar, desexo indicarche que calquera imaxe que se borre na Galipedia pode ser recuperada en calquera momento por un administrador se se demostra que o borrado foi improcedente.
Comentado isto, procedo a responder:
Estiveches a revisar -dis- na Wikipedia fotos con dereitos de autor. Dis que hai máis coma estas. Por favor, indícamas para borralas. O traballo de pescudar na Galipedia en busca de copyvios é arduo. Non nego que haxa máis. Eu dedico unha pequena parte do meu tempo libre a este labor, cantos máis sexamos para desenvolvelo mellor. Dime as imaxes e mirarei cada caso polo miúdo. Ademais de reparar en cada caso dareiche -se me é posible- tódalas explicacións que poida.
A segunda pregunta que fas é máis difícil de responder (Gustaria tamen saber se ai algun modo de que se poda subir, poñendolle outro tipo de licenza ou similar solución). Non hai ningún modo de subir esa imaxe se non permite o uso comercial. Pero has de saber máis para comprendelo. Para o mesmo, para saber máis, recoméndoche que leas detidamente Wikipedia:Política de uso de imaxes. Un cordial saúdo -- Lmbuga / Conversa comigo  22:37, 18 decembro 2009 (UTC)
Eu non observo problema ningún. Todos subimos algunha vez imaxes. Todos subimos por primeira vez unha imaxe. Todos cometemos un copyvio por non saber. Ese non é problema.
Os problemas existen cando non teñen solución ou cando supoñen consecuencias non desexables, o resto das circunstancias non son problemáticas, son -ó meu parecer- normais.
Que subas (desculpa que non te trate de vostede, pero creo que non é pertinente, se o fose, faimo saber) unha imaxe que ten prohibido o uso comercial, sendo a primeira imaxe que sobes, non ten importancia ningunha, é normal. Non se pode, pero é normal: ¿Quen le tódalas normas antes de subir a primeira imaxe?
Cando eu subín a miña primeira imaxe, asineina. Pois resulta que tampouco se pode (ou se debe). Dixéronmo (inda agora creo que esa prohibición non está escrita en ningures) e subina, despois, sen asinar.
Non entendas que as miñas palabras poidan proceder dun mosqueo contigo. Non é así. Ponte no meu lugar. Quizais eu non sexa perfecto, abofé que non, pero ¿que farías no meu caso se estás a tratar sempre cos novos usuarios e coa incrible variedade de usuarios que pode ter este proxecto?
Contigo decidín ser franco, dicir o que sentía (foi a primeira vez que o fixen cun usuario novo), experimentei. ¿Confundime? Non sei. Se me confundín, ti non volverás aparecer por estas páxinas. Se non me confundín, poderemos ter conversas afables e colaborar. Hai máis factores, pero... eu non podo xulgalos.
Rógoche que non desaparezas, que me preguntes calquera dúbida, tesme a túa disposición inda que ás veces estou dous ou tres días sen aparecer por aquí (cousa que non vai ocorrer no Nadal). Ánimo: eu non desexaba facer unha crítica de ti como persoa ou como usuario, só dixen o que se me veu á mente. Sube imaxes túas, feitas por ti.
Se o desexas explícoche máis sobre as imaxes que se poden subir e as que non. Faimo saber respondendo a esta mensaxe. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  23:55, 18 decembro 2009 (UTC)
  • David. Polas razóns explicadas por Lmbuga, procedo ó borrado da imaxe. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:59, 18 decembro 2009 (UTC)

Tes razón, tódalas wikipedias son diferentes, cada wikipedia depende da lexislación do seu país. Non tódalas imaxes da wikipedia inglesa poden ser subidas á Wikipedia galega, é preciso coñecer minimamente (pouca cousa) a lexislación. A lexislación italiana descoñézoa case completamente, pero se me pos unha imaxe concreta, a bo seguro que che podo dar algo máis ca unha opinión superflua, pois inda que non coñezo polo miúdo a lexislación española, inda me fago un apaño.

Non sei se te explicas ben ou mal: eu enténdote. Agradézoche que expreses que non te ofendín, desde logo non era a miña inteción ofenderte, pero sen mirarnos ós ollos é moi fácil ou posible que nos ofendamos sen querer.

Hai cousas que non entendo, inda que entendo e desculpo que te poidas confundir por inexperiencia, por ser un usuario novo (tamén me podo confundir eu e xa son un usuario vello). O que non entendo moi ben é o seguinte:

  • Dis: eu seria partidario de que fotos como a miña que teñen un copyright se podan poñer sempre que se faga referencia o autor desta obra, neste caso.

Non entendo nada. A presenza de copyright pode ser "tódolos dereitos reservados", o cal implica que unha foto xamais se pode empregar en ningun sitio; é dicir, unha foto con ese copyright non se pode empregar en ningún caso, velaí a lexislación española e internacional. Inda é máis, segundo o convenio internacional de Berna, convenio que España asinou, se nunha páxina web non aparece ningún copyright, esa páxina ten tódolos dereitos reservados (tal cousa é válida tamén para un libro, un cartaz (cartel), unha foto, para o que ti queiras.

A presenza de copyright pode supor tamén "prohibidas as obras derivadas e o uso comercial". Se implicase a prohibición só de uso comercial, a de uso comercial unicamente, ¿quen es ti para chegar a un proxecto como as wikipedias, proxecto que descoñeces e indicar cales son as imaxes que o proxecto debe admitir e non admitir? ¿Con quen cres que falas (e non o digo por min, pois contradís normas internacionais, mundiais)? Creo que debín entender mal o que queres dicir. Se entendín ben, ¿non te estarás pasando un pouco? ¿Consideras que respectas ós que traballan neste proxecto dicindo iso? Certamente, teño que che ter entendido mal. Se non fose así eu só podería repetir que aquí non teñen cabida as imaxes que non admiten o uso comercial. Punto e final. Tómao ou déixao, pero respecta ós que colaboramos desde máis de hai catro anos neste proxecto coma min (hainos que colaboran desde moito antes).

  • Dis: xa me esperaba que pasase algo coa foto posto que a ser como é pois esperaba que tubese algun problema coa licenza

Desculpa, agora voume eu pasar eu de listo (para min ti xa te pasaches): Podo imaxinar que ti imaxinases que puidese ter a imaxe algún problema coa licenza (teño que botarlle imaxinación), agora ben, dado o que dixeches e como te expresaches, tiveches unha grande capacidade de imaxinación se tal cousa agoiraches. Polo que respecta ás licenzas mostras estar en cueiros e xa comeza a tardar que recúes. Se non recúas, quizais sexa preferible que decidas abandonar este proxecto (é unha opinión persoal). Eu -tamén é unha opinión persoal- considero que ninguén é imprescindible; ti, menos, por motivos obvios.

  • Dis Eu agradezolle moito o traballo..."

Esa alternacia entre atuar e o trato de cortesía presente no teu comentario non di moito. Unhas liñas antes atuábasme, catro despois trátasme de vostede, ¿sabes o que queres, o que pretendes...? Supoño que te dás conta que, logo das miñas palabras no comentario anterior o feito de que me trates de vostede é unha declaración de guerra ou pouco menos.

  • Dis agradezolle moito o traballo que fai posto que os novatos necesitamos axuda e non sempre a encontramos

¿Trateite eu como novato?, palabra que ten doadas connotacións despectivas. Por favor... Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  02:14, 19 decembro 2009 (UTC)

Enxeñería/enxeñaría[editar a fonte]

David: non hai problema en que prefíra-la forma "enxeñaría", pero o argumento non pode ser "Para quedar acorde coa actual normativa". As dúas formas son perfectamente normativas e válidas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:17, 22 decembro 2009 (UTC)

Táboas árbores xenealóxicas e sucesións[editar a fonte]

Ola David! Tendo en conta que na taberna ofreceras a túa axuda para o tema das táboas e tal, pois aquí está o primeiro en darche a vara, é dicir, eu. Olla para esta petición que me fixeron: Conversa usuario:Albert galiza#Táboas para titulacións. O tema é facer un modelo enrolable (que se poida agochar) que sirva para facer esas árbores xenealóxicas que me comenta o compañeiro Alexandre Vigo e tamén ese modelo de predecesor e sucesor dos distintos reinos. Non sei se me expliquei de todo ben, a ver que podes facer. Moitas grazas xa por adiantado. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 23:42, 24 decembro 2009 (UTC)

O malo de facer máis completas as táboas que xa temos na Galipedia é que logo hai que revisar tódolos artigos que as levan, e son moitísimos, polo que non é moi viable. Case diría de crealas, para ser empregadas nos artigos que precisen delas. Bueno, iso como vexas ti. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 03:11, 3 xaneiro 2010 (UTC)

Anímaste a seguir editando neste artigo, David? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:32, 18 de setembro de 2011 (UTC)

Boas David, o artigo Audi, que fixeches ti, ten o marcador de tradución incompleta, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2017 ás 12:50 (UTC)[responder]