Conversa usuario:Crismartinez24
Benvido(a) á Galipedia, Crismartinez24!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. ☣Banjo tell me 11 de febreiro de 2015 ás 13:55 (UTC)
Benvida/IES[editar a fonte]
Ola, Cristina, benvida á Galipedia!--Agremon(contacto) 11 de febreiro de 2015 ás 14:37 (UTC)
Crawl[editar a fonte]
Ola, Cris!
Movín o título do artigo que creaches a crawl. É ben interesante, pois na Galipedia aínda hai poucos artigos relacionados coa natación.
Por favor, lembra que ao incluír información na Wikipedia é ben importante indicar a procedencia da mesma. Podes incluír ese dato no resumo da edición, por exemplo.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de febreiro de 2015 ás 20:00 (UTC)
Charles Darwin[editar a fonte]
Boas, fixen uns arranxiños na información que engadiches no artigo Charles Darwin. Como intúo que a información é unha tradución da wiki en castelán teño que dicirche que para cumprir a licenza das wikipedias tes que indicar a procedencia desa información. Para facer iso tes que poñer na páxina de conversa dese artigo o Modelo:Traducido de. No mesmo modelo tes un exemplo de uso, pero se tes algunha dúbida déixame un comentario na miña páxina de conversa e axudareiche en canto poida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2015 ás 19:50 (UTC)