Conversa usuario:Biógrafo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Biógrafo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 13:39, 29 decembro 2007 (UTC)

interwikis[editar a fonte]

boas, Biógrafo!

parabéns polo teu traballo. Só un pero. Ó traducir un artigo doutra wikipedia, ademais de pór na galipedia os enlaces ós outros idiomas, está ben ir á wiki en inglés e pór unha ligazón ó artigo en galego. Xeralmente abonda con poñelo na wiki en inglés, pois os bots o recoñecen e o transladan ás outras linguas. En calquera caso, eu adoito poñelo en inglés e holandés (teñen bos bots) e en castelán, e dependendo da pertinecia tamén noutras (se é un francés, na wiki en francés, e así).

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 22:52, 8 xaneiro 2008 (UTC)

  • Ola Biógrafo, eu diriache o mismo que Estevoaei. E boa idea de porte na wiki inglesa, pa engadir os artigos da Galipedia, por ei pasan moitos bots. Por outra banda, xa que entendes ben o ingles pareceme unha boa cousa de ver un pouco como funcionan outras wikis e a inglesa e a mais grande e podeche resultar unha boa axuda. Parabens por o teu traballo, eres realmente un biografo (D:) Saudos ElviraConversa con mi 15:19, 9 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:57, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Moitas grazas pola puntualización. Bo Nadal!--Hugo22 21:14, 25 decembro 2008 (UTC).

cita de Castelao en castelán[editar a fonte]

O caso, Biógrafo, é que esa frase está copiada dunha carta de Castelao ó pai, a pouco de chegar a Madrid a doutourarse en Medicina, e está escrita en castelán. De sempre me ensinaron que as citas textuais, entrecomiñadas, debían respecta-lo orixinal, neste caso o castelán, noutros a grafía "non normativa" orixinal. Por iso copieina en castelán. Pero non importa: a tradución respecta o que dixo, que é o fundamental. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 17:38, 26 decembro 2008 (UTC)

  • O da Noite estrelecida foi un erro meu de lectura imperdonable. Grazas pola vixilancia e corrección. Pedro --Lameiro (conversa) 17:45, 26 decembro 2008 (UTC)
    • Entón ¿ti que cres mellor, máis correcto? Como "Biógrafo" oficial da Galipedia semella que tes máis experiencia ca min. ¿Poñémolo en galego, entrecomiñado? ¿Convertémolo en cita -formato cita- e en castelán? A miña fonte non é a carta en si, senón unha cita de Monteagudo que transcribe ese parágrafo (máis amplo, claro). Quizais interesaría chegar a un acordo digamos estandarizado para incluílo no Libro de estilo. Xa me contarás qué pensas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:26, 26 decembro 2008 (UTC)

Categoría:Personalidades da música[editar a fonte]

Entendo que pareza complicado: éche un tema ben esvaradizo, pero pouca axuda podo darche porque non coñezo a gran maior parte destas “personalidades”. En principio, das 7 categorías sóbranme as de Compositores musicais (que debería fusionarse en Compositores) e a de Intérpretes musicais (que pode pasar a simplemente Intérpretes e acoller Instrumentistas –e dentro desta, por instrumento- e Vocalistas). Hai a dificultade de xente que toca un pouco de todo (penso en Mike Olfield, por exemplo).

Tampouco entendo a categoría Solistas, pero supoño que todos eles terán boa cabida como instrumentistas ou como vocalistas.

Habería que dividi-los Compositores, de ser posible, por xénero, pero pode ser unha clasificación moi artificial.

Non sei se hai Musicólogos no senso estrito de estudosos da música. Pero meter a Wim Mertens como Musicólogo parece ilóxico.

En Música xa temos Grupos musicais, e non sei se ten sentido considerar "personalidades" a persoas soas e non a conxuntos. É dicir: The Beatles non son unha personalidade pero John, Paul, George e Ringo, si que o son. Non me parece coherente.

Sinto non ser útil, Biógrafo. Este é outro exemplo da conveniencia de escribir unha introdución no momento de crear unha categoría explicando o criterio a seguir. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:48, 27 decembro 2008 (UTC)

  • Se atendemos ás definicións dos dicionarios, solista é a persoa que executa en solitario unha peza musical ou parte dela, e vocalista a persoa que nas orquestras de música lixeira realiza as funcións de presentador e cantante. Así as cousas, eu asimilaría a categoría:Solistas a instrumentistas e vocalistas a cantantes en solitario. Dis que imaxinas o vocalista como "aquel cantante que canta con acompañamento de orquestra ou conxunto musical" de onde supoño que exclúes ós que cantan co único acompañamento do seu propio instrumento (Joan Baez, por exemplo). Paréceme demasiado sutil a diferenza e ten a complicación do paso do tempo: ¡canta xente comezou cantando e tocando un instrumento para logo irse arroupando dun grupo ou dunha orquestra!, e seguen sendo coñecidos como individualidades (Sabina, Ravi Shankar ou Amstrong, por exemplo); e ó revés: xente que comezou nun grupo e logo se independizou (John Lennon), e xente que sempre estivo diante dunha orquestra absolutamente mudable e descoñecida (Beny Goodman, Michael Nyman). En resumo, que eu simplificaría os conceptos por unha maior identificación dos usuarios, máis que por tecnicismos: quen se coñece como cantante: vocalista (cante só ou acompañado, tocando un instrumento ou non) e quen se coñece polo seu instrumento, instrumentista (cante: Amstrong, non cante: Paco de Lucía).
Seguro que aínda así quedará moita xente a cabalo dos dous conceptos. Nestes casos haberá que decidirse polo máis sobranceiro ou, simplemente, incluílo nos dous, que tampouco pasaría nada. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:29, 28 decembro 2008 (UTC)
    • Podes, podes crear unha categoría nova cando consideres necesaria a súa existencia, sen problema ningún. Propóñense e sométense a consenso ou votación cando se trata dunha árbore de categorías máis complexa, ou unha reestruturación ampla dunha categoría xa existente, o que non é o caso. Así que adiante e faino sen medo. Un saúdo e feliz 2009. Pedro --Lameiro (conversa) 11:43, 1 xaneiro 2009 (UTC)

Si, paréceme unha moi boa idea que respecta o orixinal achegando o seu significado ó usuario que descoñeza idiomas (que somos lexión). Noraboa e saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:01, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Giovanni Berchet[editar a fonte]

Ola Biógrafo, ben sei que Ter + de + verbo en infinitivo é unha perífrase correcta en galego, mais esta diferenciase de Ter + que + verbo en infinitivo en que a primeira ten o matiz de 'acción por cumprir', ou sexa, unha acción de cumprimento obrigatorio pendente, mentres que a segunda expresa un deber xeral.

Un exemplo: Quería deixar de fumar, non sabía cando, mais tería de ser.

Por certo o nome do que ten máis papeletas para ser o futuro alcalde de Narón é Xosé Manuel Blanco. Creo que o día 20 será a elección, polo tanto aínda non o é. Un saúdo e parabéns polo teu magnífico traballo.--PepedoCouto 22:48, 17 xaneiro 2009 (UTC)

Categorización[editar a fonte]

Un favor, Biógrafo. Bótalle un vistazo á conversa que mantemos Elvire e mais eu sobre como categorizar os álbumes e libros de debuxos de Castelao. Deixei os tres álbumes (Atila en Galicia, Galicia mártir e Milicianos)sen categoría e ela clasificounos como Obras literarias en galego. Eu non comparte esa categoría pero o certo é que mellor aí que sen ningunha. O problema vai repetirse cos outros artigos sobre obras basicamente gráficas de Castelao, e non sei se algún outro autor faría algo que entrase na mesma situación. Non son "pinturas" nin "obras literarias", ¿que poden ser, entón? Grazas e perdoa os traballiños que che dou. Pedro --Lameiro (conversa) 22:26, 21 xaneiro 2009 (UTC)


Gracias pola aclaración, tal e como está agora enténdese moi ben, antes non se comprendía moi ben a frase. Saudos.--Carronada 20:18, 22 xaneiro 2009 (UTC)

Castelao[editar a fonte]

Boas noites Biógrafo. Teño que facerche outra encarga. No artigo de Castelao hai unha sección, "Pensamento político" que está bastante coxa. Baséase case só en transcribir citas súas pero falta texto enciclopédico (eu son da tese de que as citas só funcionan como complemento, non como substitutivas do propio texto). ¿Podes botarlle un vistazo, recorrer ás túas fontes e completar esa sección? Estou seguro de que si, tanto como de que eu me sinto totalmente incapaz de desenvolver satisfactoriamente esa parte. Anímate e xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:44, 25 xaneiro 2009 (UTC)

    • Grazas. Quedo tranquilo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:05, 25 xaneiro 2009 (UTC)

Déixoche a ligazóns por se che interesa intervir. --GallaecioE logo? 00:51, 2 febreiro 2009 (UTC)

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Biógrafo! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:34 (UTC)[responder]