Conversa usuario:Albert galiza/Arquivo 11

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15  

Castelao[editar a fonte]

¡Como se nota que non le-la Galipedia! :) No artigo temos: "O 31 de xullo de 2008, o Consello da Xunta [28] aprobou un convenio entre a Consellería de Cultura e a Fundación Castelao para a catalogación e dixitalización de tódolos textos, obras, discursos, cartas, fotografías, debuxos e calquera material atribuído a Castelao disperso actualmente en diversos países en hemerotecas, organismos oficiais e coleccións públicas e privadas. O investimento aprobado foi de 300.000 euros e o obxectivo é crear un fondo accesible ó público na futura Cidade da Cultura". Xa veremos se é certo iso de facelo acesible ó público, pero teñamos fe. O discurso este, lido no seu nome en Bos Aires o 28 de xuño de 1949, está publicado nesas Obras que coordinou Monteagudo (e, polo visto, tamén n'A Nosa Terra en xullo de 1949). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:33, 30 xaneiro 2009 (UTC)

  • Tranquilo, ho, respira. Eu o único que lin era que ese archivo dixitalizado se ía por ó público no Arquivo Nacional da Cidade da Cultura, cousa moi diferente de que estea en dominio público. Imaxina a fonte de roialtis que representan os debuxos de Castelao. En calquera caso, xa falta menos para que no 2020 cumpran os 70 anos da súa morte e, en teoría, xa serán públicos o 1º de xaneiro de 2021. Veña, saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:59, 30 xaneiro 2009 (UTC)

Ola Albert, que tal todo? Acabo de ver as imaxes que puxeches nos artigos escollidos da portada. Non cres que quedaría mellor esta imaxe no artigo de Francia en lugar da do mapa? Digoo porque creo que é máis ilustrativa e así non hai dous imaxes de mapas na portada.--Hugo22 12:34, 1 febreiro 2009 (UTC)

Commons:File:Logo de la République française.svg

Eu non concordo moito : dous mapas porqué non ? corresponden ben os artigos, e se en febreiro resultan dous pois teñen presentacion variada : unho antigo que se move e outro que é foto de relevo. Por outra banda a imaxe que propón Hugo, eu que vivo en Francia só a coñozo por ser o logo que utilza o goberno francés, tanto na red [1], como na comunicación escrita en particular cos cidadanos para a fiscalidade ! Non sei o que esa imaxe representa para un galego, pero para un francés esa imaxe quere decir que un ministerio escribelle para seguramente reclarmar algo. Nembargantes non me opoño a mudanza se vos parece imaxe bonita para a portada.Saúdos ElviraConversa comigo 13:16, 1 febreiro 2009 (UTC)

Ando algo oxidado có tema do bot... fai tempo que non argallo con él. De feito teño que instalalo de novo e todo iso :S. De todas formas vouno revisar e mañá como moi tarde explícoche o que poida ok? saúdos! :) --Banjo tell me 15:15, 2 febreiro 2009 (UTC)

  • Meu, aínda non puiden mirar o do bot para explicarche, ultimamente só podo conectarme dende o choio e aquí non teño acceso a él... en canto poida revisoo e coméntoche, de todas formas xa vin que xa comezaches a argallar con él :) Saúdos meu Banjo tell me 12:19, 6 febreiro 2009 (UTC)
  • Usuario:Banjo/Guia bot - Atopeina agora, xa non me acordaba. Andaba nisto cando tiña o bot funcionando, está bastante incompleta, así que chegados a este punto que xa lle das ao bot seguramente non che sirva demasiado :) De todas formas cando volva poñer ao bot a funcionar (vai ti a saber cando...) poñereime de novo con ela. Un saúdo meu --Banjo tell me 14:50, 10 febreiro 2009 (UTC)

AlberteBot[editar a fonte]

boa noite, Alberte; deixeiche unha mensaxe na páxina de conversa do bot.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 20:07, 3 febreiro 2009 (UTC)

Rindo muito.[editar a fonte]

Estoun rindo muito desta imagem:

. Israel ficou por 8 anos recebendo misseis por parte do Hamas e nenhum comunista defendeu Israel nesse tempo. Agora que eles invadiram Gaza e colocaram o Hamas pra correr, todos os esquerdistas fazem manifestacoes na Europa. Quem defende assassinos tambem sao assassinos. Todos os europeus esquerdistas protestam contra Israel, agora eu me pergunto, como pode um espanhol que eh um dos estados mais assassinos do mundo criticar algum pais?A Espanha sempre maltratou bascos, catalaes e todas as minorias, podem exigir independencia para a Palestina se sao contra a independencia do Pais Basco? --Santista1982 16:01, 7 febreiro 2009 (UTC)

Daniel Zueras Blog[editar a fonte]

¿Por qué se han revertido los cambios?, Daniel Zueras Blog es una página más dedicada a Daniel Zueras, ¿hay algún defecto de forma? si es así sugiero la modificación, explicación ... pero no la supresión del enclace. Si no se permiten enlaces a blogs, puede que tampoco se permitan enlaces a foros, revistas, o webs no oficiales ....y ahí están(Disculpas pero no sé exactamente cómo funciona la Wiki ni sé gallego). Gracias.

Razzias musulmás[editar a fonte]

Saudos Alberte, pareceme unha moi boa idea a da caixa coas razzias musulmás, é moi util e ademáis complementa o artigo, tamén eu lle dei algunha volta á idea, e recordei algo que lera nun libro que me chamara moitisimo a atención, e que apenas tendemos -os galegos- a decatarnos, se cadra por ter no subsconsciente ideas ""xerais"" aplicabeis a territorios non galegos, explicome. Existiu na Idade Media un pobo -ou varios da mesma orixe-, que causou moita máis inestabilidade política, destrucción e asentamentos "estables" en chan galego que calquer outro, e non eran árabes nin musulmáns.... si, eses mesmos, os escandinavos. Na historia feita desde fora téndese a minimizar estos ataques como particulares xeográficamente, mais na historia galega foron fundamentais, as terras galegas foron obxecto de moitas mais razzias escandinavas que musulmás, entre outras cousas porque chegar a Galicia dende as costas atlánticas levaba menos que unha incursión terrestre dende Cordoba ou Sevilla, e porque os escandinavos non tiñan perigo de contrataque galego. Conclusión! :), podiamos se o ves ben xuntar ambos datos como Ataques musulmáns e escandivanos ou algo asi, e reducindo a letra para non ocupar moito como o resto, ou se o prefires facer outra distinta, como ves isto?, con todo, penso que con un pouquechiño menos de tamaño da letra pode quedar mellor, porque cando o vin confundin o texto co texto do artigo en si, e case non me dou conta dos importantes e moi utis datos da caixa. En fin, sei que andas liado cos exames, dime que che parece e facemos. Unha aperta enorme.--Alexandre Vigo 21:41, 9 febreiro 2009 (UTC)

Che Guevara[editar a fonte]

ola Alberte! Escríboche a ti porque controlas bastante o artigo.

Estaba fedellando, e creo que a última frase do segundo párrafo (di que foi capturado coa axuda da CIA) necesitaría unha referencia. Máis abaixo, no apartado da súa captura e morte, hai referencias que poderían valer, pero prefiro que a escollas ti que controlas o tema.

Non sei, creo que queda bastante punkie unha frase así, sen referencia, no segundo párrafo, e que certamente pode semellar imparcial a alguén que mira o artigo.

Un saúdo. A. --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:21, 11 febreiro 2009 (UTC)

Podes borrar esta páxina? Tiven un fallo dos parvos, e editei a caixa de lugares na do artigo da parroquia. Grazas.--PepedoCouto 21:02, 11 febreiro 2009 (UTC)

Este artigo é unha broma ou é vai en serio? De ser isto último, desde logo a mestura de galego e castelán da noxo. Un saúdo.--PepedoCouto 16:07, 12 febreiro 2009 (UTC)

  • Hola, por alusiones contesta un navarro que "non fala galego" porque no sabe ni vive en Galicia. Gracias, Albert, por traducir la página. El proyecto se creó en un curso que incluía un apartado sobre las posibilidades didácticas de la Galipedia, en el que se han involucrado 30 profesores que pueden acabar siendo, ellos y sus alumnos, galipedistas. Acabado el curso, el proyecto desaparecerá, salvo que alguno de los alumnos tome el relevo. El trabajo que han hecho quedará in aeternum. --Temporal 23:48, 17 febreiro 2009 (UTC)

Ola Alberte ! Ando co artigo fr:Élections au Parlement de Galice 2009 e por ben voltas que lle na web da xunta a consulta das candidaturas non atopo ese partido AVE ("Asamblea de Votación Electrónica") que esta ao final da taboa dos resultados en gl e en es ? Que é eso ? A ver que me disElviraConversa comigo 17:28, 15 febreiro 2009 (UTC)

Poís ei vai coa tua ligazón, eres de alta velocidade galega !!! Gracias ElviraConversa comigo 17:51, 15 febreiro 2009 (UTC)

Imaxe de portada[editar a fonte]

Ola. Cando teñas un rato, bótalle un ollo á qué está fallando na imaxe de portada, que non aparece. Saúdos. --Iago 15:13, 17 febreiro 2009 (UTC)

Vikingos e normandos[editar a fonte]

Ola Alberte ! Fixen esas mudanzas pensandoo bastante, polo tanto non teño a razon e podes volver a mover a miña mudanza. Esplicoche un pouco o que me parece importante para comprensión do lector nesta cabeceira :

  • vikingos e normandos usase mui a menudo para falar dos homes do norte de Europa que baixaron polo sur e espallaronse polo leste de Europa para poder medrar a sua sociedade. Tratase de varios pobos que como dito podense chamar vikingos como normandos. Comezaron a espallarse pola Rusía a metades do seculo oito. Polo xeral na historia da Europa do norte considerase ca idade dos vikingos vai de finais do seculo oito ata comezos do seculo XII. Os historiadores usan máis a palabra vikingo en xeral e a palabra normando para falar dos que se asentaron na rexión francesa que é agora a Normandía. Iste modo de entender podeslo ver nas clasificacións
  1. de es:normandos na wiki es que pon a es:Categoría:Normandos dentro das es:Categoría:Vikingos e es:Categoría:Historia de Normandía
  2. fr ten a categoría fr:Catégorie:Vikings que vai polas ramas da historia da Escandinavia e da historia da idade media, bastante separada da fr:Catégorie:Normands que vai pola historia de Normandia (Francia) e dos antigos pobos de Europa.
  • En Galicia houbo razzias esacasas, comparando con outras rexións, e non foron todas no mesmo seculo.
    A ver se espliquei un pouco ó porqué pareceme maís axeitada a ligazón a vikingos en troco de normandos e porque na cabeceiro non se debe pór só un seculo. Alberte digoche esto por preguntarme ti, máis repito podes revertir sen criar problema comigo. Ata outra Alberte ElviraConversa comigo 21:25, 18 febreiro 2009 (UTC)

Perdoa por eso, nunca máis volverá pasar, e que, ainda que leve xa dende o verán do ano 2008, todavía me queda moito por aprender, é, bo entroido. Saúdos. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 19:35, 25 febreiro 2009 (UTC)

Nova categoría raíz[editar a fonte]

Ola. Últimamente estiven categorizando, e acabei por botar en falla a categoría raíz Natureza, polo motivo que expoño aquí. Non estou seguro de se esa clase de categorías poden ser creadas por quen non sexa administrador, e en todo caso é relevante dabondo coma para que todos os usuarios decidan se é ou non pertinente. Se tes un rato, gustaríame que me deras a túa opinión, así coma decirme onde podo deixar aviso para que os demáis estean ó tanto e poidan facer o mesmo. --Iago 20:30, 26 febreiro 2009 (UTC)

Un encarguiño para o bot, :) --Xabier Cid Conversa 00:37, 1 marzo 2009 (UTC)

RE: Referencias[editar a fonte]

Mireicho, mais non atopo nada. Síntocho. Quizais algún día cando non busque isto doume conta dalgo estúpido que se me pasou e descúbroo. Estas cousas aparecen cando menos o esperas; de todas formas sigo investigando. Deica logo! --Toliño Fala aquí comigo 18:11, 4 marzo 2009 (UTC)

  • Feito! Feito! Creo que xa arranxei o problema. Copiei o código da versión do modelo na Wikipedia en inglés que sempre é unha boa referencia nestes casos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:32, 4 maio 2009 (UTC)

RE: Ficheiros PDF[editar a fonte]

Xa vin a túa mensaxe en translatewiki.net e investiguei a ligazón. Polo de agora só está activada nas Wikipedias que teñen a ferramenta "Libros" (Special:Book/Especial:Libro) activada. Estas son: a alemá (primeira en tela), francesa, polaca, holandesa, portuguesa, castelá e as dúas inglesas (a normal e a de inglés simplificado). Podes consultar meta:Book tool, meta:Help:Books, e páxinas similares que hai por aí... De momento non sei como activar localmente a extensión: quizais non dependa de nós, senon dos de máis arriba, xa que nestes intres só está activada nos wikis máis grandes.

Outras páxinas con máis información:

Sigo investigando... --Toliño Fala aquí comigo 14:50, 7 marzo 2009 (UTC)

Deixeiche un novo encargo no bot. --Xabier Cid Conversa 17:09, 7 marzo 2009 (UTC)

Noite de San Xoán[editar a fonte]

Boas, Alberte. A entrada Noite de San Xoán redirecciona a Fogueiras de San Xoán, o cal é un erro -para min- tal como se expuso hai tempo na páxina de conversa. Pediríache que mudaras a redirección para que o artigo principal fose Noite de San Xoán, e xa me encargo eu de reorganizalo para que as fogueiras sexan unha sección da noite máxica, engadindo outras seccións máis ou menos na liña que propoñía Shotokan hai un ano. Logo habería que meterse cos topónimos e cos nomes propios (santos, reis, papas e demais familia), o que esixirá crear unha páxina de homónimos. Podo pedirlle a PepedoCouto que se encargue diso. Xa me contarás se se te ocorre algún problema no que che pido. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:11, 8 marzo 2009 (UTC)

Ola, Alberte. As imaxes non as tomei eu, pero estou seguro de que non teñen copyright, pois son imaxes bastantes malas collidas ao chou de páxinas persoais vellas, das que recorto o prescindíbel e deixo soamente a faciana do tipo que interesa para o caso. De calquera maneira, polo que dis, supoño que terán que ser eliminadas. Saúdos e grazas.

Pois graciñas pola axuda Alberte. Si que me vai servir a páxina á que me remites, e moito. Saúdos.

Conversas eliminadas[editar a fonte]

Perdoa, que non sabía que non se poden eliminar as conversas. O que pretendía era deixar as cousas máis a man e aforrar espazo. Saúdos.--Atobar 20:12, 10 marzo 2009 (UTC) Tomo nota, Alberte, grazas.

Patimonio.org[editar a fonte]

Ola Albert. En realidade, comenzaron con 122 fichas, segundo di aquí, o que pasa é que dende entón xa lle engadiron un par máis. Por certo, creei a páxina con vistas a engadir ditas fichas coma enlaces externo (coma en Muíños do Folón e do Picón), que conteñen información útil, coma ubicación, modo de chegar, etc. Apertas. --Iago 16:06, 11 marzo 2009 (UTC)

Peter de Polvorines[editar a fonte]

Ola, Alberte. Pregunteille a Pepedocouto e despois a Xan de Ningures pero non din sacado a resposta que buscaba ao respecto das licenzas do youtube. Esta imaxe que subín e unha captura dun vídeo de youtube. Deixei a Url, a data e máis o usuario. Non é posíbel daquela? Que faría falla para que pasase? A captura é miña, que non é de ninguén máis. A ver se me podes explicar como vai o das imaxes capturadas. Saúdos e graciñas.--Atobar 23:21, 14 marzo 2009 (UTC)

Abrín a seguinte páxina de conversa[editar a fonte]

Conversa ficheiro:Escudo Xoán Carlos I - Rei de Galicia.PNG. --Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:45, 14 marzo 2009 (UTC)

Avisei ó usuario--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:46, 14 marzo 2009 (UTC)
Creei a discusión para o borrado (Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Escudo Xoán Carlos I - Rei de Galicia.PNG) e avisei ó usuario--Saúdos e grazas. Xan de ningures 00:13, 15 marzo 2009 (UTC)

A cambio de que soltes a pacer o bot, ;), hehe. Bueno, e se non, tamén. --Xabier Cid Conversa 17:01, 15 marzo 2009 (UTC)

Feito! Feito!--Xabier Cid Conversa 19:43, 15 marzo 2009 (UTC)

Michael Collins[editar a fonte]

Boas. Son novato nisto, e non sei a quen preguntarlle, nin como. O caso é que rematei de traducir o artigo sobre Michael Collins (os apartados de "Ministro de Finanzas" e "Goberno provisional", que eran os que faltaban). Asi que non sei se alguen ten que revisalo, ou se hai que quitalo da lista de artigos para traducir (e como facelo), ou que é o que se fai nestes casos. Se mo puideras dicir cho agradeceria. Saúdos. Ac78 (cóntame) 13:50, 18 marzo 2009 (UTC)

Reis Afonsos[editar a fonte]

Ola, Albert. Estás a ver se chegas a Afonso X ou IX? Cuestións de Historiografía? Saúdos, meu.--Atobar 17:07, 18 marzo 2009 (UTC)

Estás facendo un traballo de primeira, Alberte. Así dá gusto, home. Parabéns e a seguir ao choio. Saúdos.--Atobar 00:14, 19 marzo 2009 (UTC)

Desculpa Albert!, non me dera conta de que engadiras as táboas, e de feito collesme no medio dunha media hora de cambios monárquicos, a si que foi boa cousa que me escribiras para podermos intercambiar opinións. Pois, comentoche o tema, non é doado, pero xa imaxinarías iso. Ben, o caso é que como sabemos, despois do ano 910, os reis deixan de ser chamados de Oviedo, para ser chamados "de León", falar de Ordoño II de León é aceptado entanto que era rei,desde a cidade de León, pero non debemos obviar que esa cidade, era unha cidade de Galiza, como podia ser Lugo, Oviedo ou Zamora, aínda que non galega propiamente. O problema que existe é despois do ano 910, os fillos do rei de toda Galiza, disputanse o trono, por exemplo, Ordoño II era señor dos galegos, máis non era rei. Ás veces, en toda Galiza, hai 2 reis, son golpes de estado feitos polas familias aristocráticas, asi na capital lexitima "León" estaba o rei, pero en Compostela proclamaban a outro coma rei, iso en ningún caso debe entenderse como a creación dun reino, senón como a escolla dun novo rei por parte de poderosos magnates. A pouco que vemos os feitos, daremonos conta que todos os reis proclamados tentan dirixir todo o reino e coller a capital, non atacan Pamplona nin outros reinos, pois é unha dinámica interna, nacional. Logo, non podemos falar de dous reinos diferentes, León e Galiza, pois León era parte do reino de Galiza, ata a súa fragmentación política con Fernando I, xa no século XII. Con todo, moita da historiografía española e parte da galega da por chamar "reino de León" ao territorio entón chamado Galicia, por terse dominado dende a cidade de León. Sei que é un tema moi moi denso, e con moitos nomes, se prefires podoche pasar algo de bibliografía do tema, que seguro que o explica moito mellor ca min. Coméntame. Un saúdo Albert.--Alexandre Vigo 23:13, 18 marzo 2009 (UTC)

Saudos de novo Albert, entendo perfectamente o que dis, e sei que o seguimento desta etapa para ti como para calquera pode ser mesmo extenuante, nomes, usurpacións, Compostela, León, etc.. Ben, é certo que existe unha historiografia que fala sobre o reino de Galiza e León, máis non é a maioritaria, a maioritaria é a mesma que a que lle deu o nome de "Ordoño II de León", "Alfonso VII de Castilla", etc.. é a mesma que opina que o único reino que Galiza que houbo, foi unha década con Garcia II, e como sabemos é a historiografía tradicional española, creada no século XIX pola ideoloxía nacionalista en España. Ben, sen embargo existe outra historiografía galega, que alega que os titulos dos reis podían ser "dende Oviedo ou León", máis o territorio non era Oviedo ou León, senón Galiza, o nome que recibia, a mesma historiografía galega actual, recoñece maiormente a García I como o primeiro rei "en León", pero un rei de toda Galiza, pois Ordoño II o seu irmán era vasalo del, polo cal non habia independencia política un dos outros, feito que respalda a propia herdanza de García, que recae en Ordoño que era unicamente un señor feudal. No artigo de Ordoño II, se reparas na fidelidade dos nobres apreciaras que o proclaman "dominus", é dicir "señor" mais non rei. Eu con todo, estou dacordo contigo en que hai que lograr explicar todo ben no artigo. Admiro que reformularas os artigos dos reis, diante miña teño un libro "Os reis de Galicia", que eu saiba é o único libro que leva tal título, se pensas que é interesante, podemos seguir a súa cronoloxía, é o único referente galego, polo cal penso que debe ser tido en conta en certa medida para a Galipedia, bueno, ti
me diras. Un saúdo.--Alexandre Vigo 23:38, 18 marzo 2009 (UTC)
Ben, non é doado acceder sempre á historia galega, feita por galegos, polo que o normal tende a ser o descoñecemento desta liña, algo que é normal en todos ou case todos. Concordo contigo en que todas as opinións deben de ser tomadas en consideración, porque iso tamén enriquece á galipedia. Como vin que estiveches ampliando o dos reinados, escriboche a bibliografía que emprego maiormente en canto a reis. O reino medieval de Galicia, de López Carreira, 2005 coido. E outro, o que antes comentaba. OS Reis de Galicia, do mesmo autor, é o único que recolle unha categorización dos reis. Arredor do tema tamén atopei un libro interesante, Atlas Histórico da Galiza, e tamén dous libros de obrigada lectura, Arredor da Conformación do Reino de Galicia, e outro, O reino da Gallaecia. Existen máis, pero eses son os primeiros que lembro, espero serche de axuda, e prestoche a miña modesta colaboración para todo o que precises.--Alexandre Vigo 23:56, 18 marzo 2009 (UTC)
Sáudos de novo Albert, pasoche un link dunha exposición que se está a celebrar en Monforte de Lemos sobre o reino de Galiza, é a primeira gran exposición sobre o tema é pode ser interesante para calquera que queira engadir información sobre isto, pode serlle de axuda, eu irei maña posiblemente, pasoche o link, porque pode vir ben: [[2]], estiven reparando de novo no tema dos reis, e tes que desculpar se nalgún momento entorpecín o teu traballo ou o que levababas feito, porque son consciente do traballo que leva, non é unha tarefa nada doada sobre todo con tanta información, e a súa disparidade, por iso queria darche o meu agradecemento por coller con forza estes artigos. Un saúdo.--Alexandre Vigo 11:37, 19 marzo 2009 (UTC)
Ola de novo Albert, como viches estou tentando consensuar a lista dos reis de Galiza, nada máis que é un comezo, pero preciso tamen consensuar contigo, que se entende por reino de León, e en que historiografía se suporta. A bibliografia que manexo eu coido que o ve sensiblemente distinto, o suficiente como para que estean en confrontación, por iso penso que debemos consensuar as posturas, sobre todo en canto ao termo "de león" ou "leonés" para cos reis. Veña un saúdo.--Alexandre Vigo 20:01, 21 marzo 2009 (UTC)

Rei García[editar a fonte]

Sen problema, dame uns dias para atoparche algo con esencia e pasoche un par de textos. Un saúdo.--Alexandre Vigo 21:16, 20 marzo 2009 (UTC)

Arquivo de votacións para borrar[editar a fonte]

Boas meu, unha preguntiña. Non temos arquivo para as votacións para borrar artigos, verdade? Está a categoría Categoría:Wikipedia:Temas debatidos, pero páxinas de arquivo coma as que temos para a taberna ou o taboleiro dos admins non as vin... Polo menos eu non as din atopado... Se non hai habería que crear o arquivo, pero vai dar algo de chollo :S Bótalle un ollo e xa me dis. Saúdos! --Banjo tell me 07:47, 24 marzo 2009 (UTC)

  • OK, engádoo ás tarefas pendentes :) --Banjo tell me 20:14, 24 marzo 2009 (UTC)

Modelo Reis de Galiza[editar a fonte]

Ola Albert, aqui estou de novo co tema dos reis, raiñas, señores, príncipes, etc..! Modelo:Reis de Galiza, a miña intención era que todos os reis levaran isto ao ladiño para que quedaran ben situados, se cadra que a miña idea era máis ambiciosa, pretendía que unha vez creado, aparecera a etapa á que correspondia o rei do artigo, nunha cor de fondo, para que se puidera situar perfectamente ante o lector, supoño que iso é un chollazo que polo de agora a min polo menos, escápaseme. De todos xeitos antes de colocarllelo aos reis, queria a túa valoración porque sei que estiveches traballando moito nisto. Un saúdo.--Alexandre Vigo 22:28, 25 marzo 2009 (UTC)

Ola Albert, mirei o tema do cadro e a verdade que debe ser incriblemente dificil o que eu me plantexara de entrada, se finalmente decides probar, conta co meu apoio e coa miña admiración dende logo :), porque non debe ser tarefa nada doada. Mirei tamén a proposta de Elvire que me pareme moi boa, se cadra é longo de demáis o cadro é o que lle vexo, pero comparto con vós que debe enlazar con máis cousas que con un artigo, de feito a miña idea era ir ligandoos a medida que fosemos creando artigos específicos das dinastias,ect.., pero como adoito facer..adianteime, mea culpa. Antes de nada tamén queria comentarche que estou modificando o artigo do reino de León, tentarei poñer todos os puntos de vista, e sobretodo non tentando caer na subxectividade, cousa dificil moitas veces, e tamén queria dicirche que compuxen un pequeno esbozo de recadro de Historia de Galicia, baseandome no existente e reformulandoo, de todos xeitos é unha proposta que podemos afinar entre todos, a ver que che parece. Un saúdo.--Alexandre Vigo 23:42, 26 marzo 2009 (UTC)

Grazas polas imaxes que sobes.

Esta imaxe sobre Galicia foi categorizada en Categoría:Imaxes de editoriais de Galicia.

Non é obrigatorio que categorices as imaxes que subas. Non te preocupes por categorizalas se é un inconveniente tan grave como para provocar que non subas imaxes ou que subas menos imaxes.

Así e todo, cando categoricemos algunha das imaxes que ti subas, procuraremos enviarche este aviso para que vaias coñecendo as diferentes categorías en que se poden incluír as imaxes que ti estás compartindo.

Lembrámosche que se non sabes onde categorizar unha imaxe, podes engadir nos datos das imaxes unha destas dúas etiquetas:

Rógoche que engadas datos que permitan a localización da imaxe nun espazo xeográfico concreto:Galicia, Coruña, Madrid...

Un cordial saúdo.

Como verás estou a probar un modelo que acabo de crear, desculpa que me dirixise a ti mediante el: Axudoume a melloralo. Grazas--Xan de ningures 22:11, 31 marzo 2009 (UTC)

Categoricei ademais a imaxe en Categoría:Imaxes de Madrid (inda hai poucas imaxes, co tempo esa categoría precisará desenvolvemento)--Xan de ningures 22:16, 31 marzo 2009 (UTC)

Malia o que dixen nesa páxina, se Estevoaei continúa na Galipedia sen lle eu aceptar as desculpas, cousa que considero imposible, esquecédevos de min. Eu metín a pata, como digo nese fío, rectifiquei -aseguro- en menos dun minuto; pero o que ocorre é que eu non debía aturar o que se me dixo.

Ou Estevoaei ou eu. Vós decidides--Xan de ningures 00:41, 4 abril 2009 (UTC)

Sexa cal sexa a resolución, espero que se me comunique. Ollo!: Máis dun usuario pode descansar tranquilo sen min--Xan de ningures 00:46, 4 abril 2009 (UTC)

Moitas grazas pola axuda Alberte, xa solucionei o problema. Un saúdo.--Adorian 11:32, 6 abril 2009 (UTC)

Olá, non entendo cal é a razón pola que reviraches as referenzas ao leonés de páxinas que tiñan a referenza, cando existen referenzas as linguas que se falan noutros territorios ou nas que o nome do concello esta nesta lingua. ¿Poderiamos ter un acordo de compromiso para engadir as referenzas territoriais ao Leonés?--Auslli 17:57, 7 abril 2009 (UTC)

Olá, moito obrigado pola tua resposta. De outra banda, unha corrección. O Reino de León existe hoxe referido as províncias de León, Zamora e Salamanca. Castela e León è unha comunidade feita de dous territórios, e recoñece na nova reforma do estatuto que uno dos territórios è o Reino de León. O Real Decreto de creación das províncias de León, Zamora e Salamanca, parte do Reino de León, non fora derogado, polo que legalmente hoxe esas tres províncias è o território do Reino de León, igual que existe o Principado de Asturias. Outra cousa. O nome dos concellos leoneses en língua leonesa...¿Referencialo?As outras línguas non necesitan referenciar os seus topónimos.--Auslli 15:53, 10 abril 2009 (UTC)

Museo Liste[editar a fonte]

Feito, Alberte. Un saúdo e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 17:06, 8 abril 2009 (UTC)

Petición[editar a fonte]

Boas Alberte, poderías borrar a miña páxina persoal Usuario:Norrin strange/Festival Intercéltico de An Oriant, que creei por unha perrencha cunha usuaria polo nome en Bretón? -- Norrin_strange (Fala-me) 21:07, 13 abril 2009 (UTC)

Alzamento de Pascua[editar a fonte]

Boas meu. Un par de dúbidas que tenho, a ver se me podes axudar. Creo que case rematei o artigo sobre o Alzamento de Pascua, a falta dun repaso ortográfico que farei de seguido. O que pasa e que non todas as imaxes orixinais do artigo en inglés aparecen, non sei se por cousas das licenzas ou por cousa da wikimedia commons ou como vaia iso. Hai modo de solucionalo ou borro as ligazóns ás imaxes? E outra cousa, as referencias a libros e a ligazóns externas... hai que traducilas tamén? Polo momento nada mais. Gracinhas. --Ac78 (cóntame) 21:34, 13 abril 2009 (UTC)

Ip irresponsábel[editar a fonte]

Tes razón, Alberte. Penseino despois, pero o rapaz tíñame frito, porque non había ningún administrador por aquí. Unha solución sería contactar o centro ou facerlle un bloqueo dunhas horas ou dun día. O tipo pasou varias horas dálle que te pego. Sorte que eu estaba argallando outras cousas no ordenador e cada pouco facía por entrar e mirar que argallara o langrán. Con todo, xa máis ou menos, parece que o vento mareiro calmou e que o rapaz atopou outro divertimento. Será por hoxe ou volverá mañá coas mesmas mañas? Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 18:45, 14 abril 2009 (UTC)

Dúas cousas[editar a fonte]

Boas Alberte, coméntoche dúas cousas.

  • En primeiro lugar, cando se podería tomar unha decisión sobre o de "organizacións armadas" da Taberna? Dígoo porque fixen dous novos artigos e teño que categorizarlos, máis non sei onde.
  • A outra cousa. Poderías ver o que espuxen en Conversa:IRA? Deixeille unha mensaxe a Usuario:Meu rei máis semella non ter actividade recente. Por iso coméntocho a ti. Probablemente ese artigo deberá ser refeito case dende cero, ten moitas carencias. E tamén penso que debería levar o nome completo no título. -- Norrin_strange (Fala-me) 16:49, 15 abril 2009 (UTC)

votación[editar a fonte]

Abrín unha votación n'A Taberna sobre o tema das organizacións paramilitares/aramadas/terroristas... -- Norrin_strange (Fala-me) 21:21, 16 abril 2009 (UTC)

usuario:79.154.91.109[editar a fonte]

Non o perdas de vista, Alberte. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 16:42, 19 abril 2009 (UTC)

Alberte, perdoa se che molesto tan seguido. Mira a súa páxina de usuario e o historial. O tipo desfixo o que lle deixara na conversa e deixoume un comentario algo cómico pero en calquera caso non de moito recibo. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 16:56, 19 abril 2009 (UTC)

Artigo Gerhard Ertl[editar a fonte]

Boas, eu son novo na galipedia. Acabo de empezar e agradezo todo tipo de suxerencias e axuda. Fixen o artigo de Gerhard Ertl que xa me correxístedes dúas persoas. En particular, ti puxéchesme , perdoa a miña ignorancia pero para qué serve iso?. Tamén me gustaría preguntar se alguén sabe cando fas un artigo e queres que outras páxinas doutros idiomas teñan links a él se se pode facer dalgunha maneira ou hai que editar todas as páxinas x.l.dean.ben (conversa comigo)

Discusións na taberna[editar a fonte]

Boas Alberte

Tal e como temía, as discusións na taberna rematan por non levar, ás veces, a ningunha parte. Ahí sigue a discusión de Wikipedia:A Taberna (políticas)#Terrorismo e punto de vista neutral, que tras moito debatir quedou sen responstar polo interpelado. Eu agora (e até finais de maio) non podo conducir á discusión, porque onde estudo non teño conexión en casa a internet e non podo seguir as cousas como cómpre facelo. Polo tanto, prégoche que sigas ti con ese tema e que fagas as veces de min porque vin que temos unha postura semellante. Isto permitiría solucionar o tema, e categorizar unha serie de páxinas creadas e por crear. --Norrin_strange (Fala-me) 15:44, 24 abril 2009 (UTC)

A capela de San Miguel non está en Contixe senón no término de Vilarchán, preto do campo das festas de vilarchán