Conversa Wikipedia:Libro de estilo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

  • Non deberían haber algunhas directrices á hora da redacción en si? Refírome, por exemplo, aos diferentes usos dos tempos verbais segundo os contextos. Para por un exemplo, uns artigos de Historia utilizan un futuro/subxuntivo, mentres que outros (os que eu prefiro), usan o pasado, e outros o futuro simple, se non me equivoco. Penso que habería que redactar un apartado en que se especifiquen o uso de tempos verbas recomendado segundo a situación. En caso de levarse isto a cabo, por suposto, haberá que realizar a votación correspondente, por suposto.--Gallaecio 15:53, 25 setembro 2007 (UTC)
    • Si que estaría ben, quizais o mellor sexa facer unha proposta de traballo na taberna e a partires de entón buscar o consenso. Senón se chegara a ese consenso entón quedaría a opción do votado. O caso é que eso leva traballo e coñecementos pero se alguén se animase a iniciar unha estrutura da que partir para traballar creo que sería moi benvido. Lansbricae (Ti dirás) 17:38, 25 setembro 2007 (UTC)
    • De feito, eu teño editado moitos artigos facendo esta mudanza. O que apunta Gallecio xa pode valer: "Os acontecementos pasados nárranse en pasado e débense evitar formas como o presente histórico ou o futuro". --Xosé (✉) 19:18, 25 setembro 2007 (UTC)
    • Nota O debate en cuestión xa se empezou na Taberna.

Isto posiblemente acabe tamén na taberna, pero as ligazóns externas non deberían de estar incluídas no apartado "Véxase tamén"? Bueno, se isto pasa á taberna, cousa máis que probable, mellor que se decida directamente a "estructura final", é dicir, a estructura "fixa" (cando teña que aparecer, que apareza sempre igual) do final dos artigos. --Gallaecio 15:51, 28 setembro 2007 (UTC)

  • "As Notas ... Colócanse mediante a etiqueta <references/>" ¿Non quedáramos en que era algo así como "listaref1 ou 2"? Pedro --Lameiro (conversa) 22:09, 8 outubro 2007 (UTC)
    • Con references o tamaño da letra é igual que o do artigo, con listaref o tamaño é máis pequeno e o de |1 ou 2 e para o número de columnas, a min gústame máis a listaref, para diferencialo do contido do artigo e sobre todo nos artigos máis longos. Alma (fálame eiquí) 22:14, 8 outubro 2007 (UTC)
      • Incluído (non o coñecía). --Xosé (✉) 22:24, 8 outubro 2007 (UTC)
    • Dentro do apartado Ligazóns que xa existía divide entre no corpo do texto e Ligazóns externas e véxase tamén onde hai un contido que habería que homoxeneizar co último engadido por Xosé por se leva a equívocos. Alma (fálame eiquí) 22:20, 8 outubro 2007 (UTC)
        • Feito. --Xosé (✉) 22:24, 8 outubro 2007 (UTC)
  • Non me deixas tempo a queixarme, es un crack..., vas ter que cambiar o nome de User ;) Alma (fálame eiquí) 22:27, 8 outubro 2007 (UTC)
    • Teríao feito antes pero paróuseme o disco duro e tiven que apagar o ordenador e volvelo a prender. Terei que pensar en ilo cambiando (o disco duro:). --Xosé (✉) 22:29, 8 outubro 2007 (UTC)

[editar] Maiúsculas e minúsculas

  • Este documento da UDC é moi bon, ainda que longo. Parece-vos que o poñamos como referencia no libro de estilo? --Xosé (✉) 19:45, 21 outubro 2007 (UTC)
  • Neutro Pero non me parece ben xa que está pensado para ser usado na linguaxe administrativa que ten unha finalidade moi concreta. Non creo que se esté a falar do mesmo. Un contido similar se pode atopar no libro de estilo da USC, e supoño que a Uvigo terá algo similar como teñen outras moitas administracións. Lansbricae (Ti dirás) 19:53, 21 outubro 2007 (UTC)

[editar] Propostas a engadir no Libro de Estilo

Propoño incluir no texto o seguinte (marco en cursiva o texto proposto):

  • En Redacción: Título dos artigos: Pero ten presente que as entradas dos artigos deben ir, como norma xeral, en singular. Así, en "a pataca componse aproximadamente dun 0,15% de lípidos...", se marcas cun vínculo a palabra "lípidos" non levará a ningures xa que o título do artigo sería "lípido".
Comentario Nesta eu o modificaría un pouco porque se pos [[lípido]]s xa tes a ligazón e non rompes a estrutura da frase. Por eso creo que pode ser mellorada, explicando isto. Alma (fálame eiquí) 15:52, 6 decembro 2007 (UTC)
Comentario Non entendo ben. Con "entradas dos artigos" refíreste a "ligazóns"? --Xosé (✉) 16:10, 6 decembro 2007 (UTC)
Comentario. Concordo en que o inicio dun artigo faga unha definición usando o singular, pero tampuco entendo que teñen que ver as ligazóns con elo.Lansbricae (Ti dirás) 16:14, 6 decembro 2007 (UTC)
    • Mudo a redacción e o punto de inserción, a ver se así. Pedro --Lameiro (conversa) 16:43, 6 decembro 2007 (UTC):
En Redacción:ligazóns internas: despois de “Podes crear ligazóns a páxinas que aínda non existen.” engadi-lo seguinte: “Á hora de crear ligazóns internas ten presente as regras existentes para o título dos artigos: se nunha páxina que cite o río Támega queres ligar co artigo que describa o río tes que marcar co vínculo “río Támega” porque “Támega”, só, non levará a ningures. Igualmente, se marcas como ligazón a palabra “proteínas” non che levará á páxina “proteína”, ou se queres ligar co “papa Pío X” terás que utiliza-la fórmula “Pío X, papa”.”
Concordo en liñas xerais pero engadiría as formas de facer as ligazóns, por exemplo co río Támega quedou clarísimo, pero co de proteína poría o de [[proteína]]s o [[proteína|proteínas]] Alma (fálame eiquí) 18:20, 6 decembro 2007 (UTC)
  • En Ortotipografía: xeralidades: engadir despois de “maiúscula inicial sempre tras un punto” o seguinte texto: , pero non nos nomes comúns no texto (non "O Sueco é unha lingua xermánica ... é moi similar ó Danés e o Noruegués")
Concordo--Alma (fálame eiquí) 15:52, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo --Xosé (✉) 16:10, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo --Lansbricae (Ti dirás) 16:14, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo---- Maañón00 (o que ho?) 19:45, 6 decembro 2007 (UTC)
  • En Ortotipografía: números: engadir un item: * os decimais sepáranse por vírgulas (unha altura de 4,3 metros), non por apóstrofes (non 4'3 metros), nin por puntos (non "A industria do viño representa o 4.22% da produción agroalimentaria").
Concordo--Alma (fálame eiquí) 15:52, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo --Xosé (✉) 16:10, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo --Lansbricae (Ti dirás) 16:14, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo---- Maañón00 (o que ho?) 19:45, 6 decembro 2007 (UTC)
  • Unha nova subsección en Xeralidades: Abreviaturas: "a.C. e d.C. (antes ou despois de Cristo), e non "entre os séculos VI a.c. e o I d.c.", "Cultivada desde o VIII milenio adC" ou "os celtas, nos S. VI e V a.d.C."."
Concordo--Alma (fálame eiquí) 15:52, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo --Xosé (✉) 16:10, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo --Lansbricae (Ti dirás) 16:14, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo---- Maañón00 (o que ho?) 19:45, 6 decembro 2007 (UTC)

Deixo, sen someter á aprobación da comunidade, outras modificacións que non implican cambios, senón que son simples exemplos. Pedro --Lameiro (conversa) 15:41, 6 decembro 2007 (UTC)

  • Propoño incluir o seguinte en Subdivisións do texto / Apartados: Os títulos das seccións van en minúsculas. Por exemplo: "Estrutura xeral " e non "ESTRUTURA XERAL". --Xosé (✉) 14:44, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 16:43, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo, xa que era algo que daba por suposto. GallaecioE logo? 16:57, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo--Alma (fálame eiquí) 18:20, 6 decembro 2007 (UTC)
Concordo---- Maañón00 (o que ho?) 19:45, 6 decembro 2007 (UTC)


  • Comentario Por que estamos votando isto? Estas mudanzas non son trocos substanciais nin polémicos. Se (neste caso) a Lameiro se lle ocorren melloras, que as edite. Se resultan polémicas polas razóns que sexan, haberá que chegar a un consenso explícito na páxina de conversa, e se non se consegue, votarase como última solución. Para que estamos votando cómo se expresan os anos se sempre se fixo así e se non existe ningún tipo de polémica ao respecto? --Xabier Cid 19:53, 6 decembro 2007 (UTC)
Ferramentas persoais