Coitelo de untar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catro coitelos de untar manteiga con patróns Chantilly (elaborados en Gorham Manufacturing Company
Espátula para manteiga modelo Karat elaborado pola firma LYPSA

O Coitelo de untar trátase máis dunha ferramenta para extraer e espallar que dun coitelo. A denominación deste coitelo emprégase frecuentemente tamén como coitelo de manteiga debido ao seu uso na mesa cando se desexa untar manteiga nunha torrada ou outro alimento (como pode ser a marmelada, o paté, marmite, etc) a denominación xenérica de coitelo de untar refírese ao mesmo uso con alimentos en forma de pasta ou lixeiramente viscosos.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun coitelo que carece de fío e que posúe por regra xeral unha punta roma ou redondeada, a folla adoita ser de máis superficie cá dun coitelo normal. O tamaño réxese por regra xeral á substancia que se empregará para untar, por regra xeral o coitelos de paté adoitan ser máis pequenos cós de manteiga.

Colocación sobre a mesa[editar | editar a fonte]

Este tipo de cuberto adoita colocarse xunto á fonte que proporciona o alimento para untar: manteiga, paté, caviar, etc. adoita estar colocado sobre algún prato ou pano de mesa adxacente á fonte, nunca debe repousar sobre o mantel da mesa, xa que é un coitelo propenso a manchar dedido ao seu uso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]