Torrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rebandas de pan torrado.

Unha torrada ou tosta é o pan torrado no forno ou na torradora debido ao endurecemento provocado pola perda de auga, producida pola calor. O endurecemento da masa fai posible unha mellor aplicación de coberturas.

Consumo[editar | editar a fonte]

Ao preparar unha torrada é crucial que se preste atención para evitar que o pan se queime. As torradas adoitan acompañarse con manteiga ou margarina distribuída pola súa superficie. Outras opcións inclúen a xelea, o azucre con manteiga e canela, a marmelada, o queixo e o marmelo entre outros. As torradas tamén se poden empregar para a preparación de sandwiches ou emparedados.

O pan torrado e cortado tamén pode ser empregado en sopas, e outros pratos.

Xeitos de preparación[editar | editar a fonte]

Contraste entre unha rebanda de pan torrado e non torrado.

O método tradicional de preparación da torrada é por medio do uso dunha torradora. O emprego da torradora consiste basicamente na inserción dunha rebanda de pan nunha das entradas superiores do aparello e baixar a panca de accionamento (os modelos máis elaborados oferecen outras opcións de control e poden ser manexados de xeitos diferentes ). Ao final do proceso de quentamento, a panca sobe xunto ao pan recén torrado. No caso de que o pan non esté ao gusto do comensal, pódese repetir o proceso ata acadar o grao de torramento desexado.

Orixinalmente, o proceso para tosta-lo pan non era tan doado como na actualidade; as primeiras torradoras quentaban o pan só por un lado da rebanda, obrigando ao usuario a virar a rebanda.

O pan tamén pode ser tostado nunha grella, nun forno ou noutros aparellos que quenten os alimentos.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torrada