Garfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un garfo metálico

Un garfo é un utensilio de mesa que consta dun mango e unha cabeza con dentes longos na punta (normalmente tres ou catro dentes) e é utilizado para pinchar, soster ou transportar algo. Foi utilizado primeiro en occidente, mentres que en oriente foron máis populares os escarvadentes. Hoxe en día, con todo, os garfos utilízanse tamén en Asia.

En particular utilízase para levar comida á boca ou para fixar algo mentres se cociña ou se corta.

O transporte a miúdo realízase sen pinchar, simplemente colocando a comida sobre os dentes horizontais. É por este uso tan similar ao dunha culler que os dentes do garfo son curvos.

Existen diferentes tipos de garfo segundo o uso ao que vaia dirixido. Por exemplo, se é para carne, peixe ou sobremesa.

Historia[editar | editar a fonte]

Garfos clásicos

Aínda que xa había utensilios parecidos na Grecia clásica e o Imperio Romano, o garfo apareceu como tal cara ao 1077. O garfo chegou a Europa procedente de Constantinopla a principios do século XI da man Teodora, filla do emperador de Bizancio, Constantino Ducas. Levouno a Venecia ao contraer matrimonio con Doménico Selvo, Dux daquela república. Pero Teodora para os seus contemporáneos era tachada, por esta e outros refinados xeitos orientais, como escandalosa e reprobable e ata San Pedro Damián amonestou desde o púlpito estas extravagancias, chegando a chamalo "instrumentum diaboli". Por aquel entón, este sinxelo instrumento simbolizaba o extremo refinamento da princesa Teodora, esposa do duque Domenico Selvo, e que levou a Venecia desde o seu Bizancio natal.

Mais foi en Francia onde se fixo realmente popular, alá polo século XVI, grazas a Catalina de Medici que o introduciu na corte francesa ao casar co rei Henrique II. Como curiosidade cabo engadir que ademais de usar o garfo para comer, Catalina usouno para rascarse as costas. A fama de cursi que tiña este utensilio fíxolle quedar nun segundo plano fronte ao comer coas mans ata ao século XVIII.

Outro significado[editar | editar a fonte]

Díse de quen posúe ou ten unha cousa na súa poder, especialmente documentos cambiarios. O poder ao que se fai referencia é sempre material e non xurídico, aínda que recoñece excepcións notables, como o caso dos títulos de crédito.