Cinta (algas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cinta
Zeespaghetti.jpg
Clasificación científica
Reino: Chromalveolata
División: Heterokontophyta
Clase: Phaeophyceae
Orde: Fucales
Familia: Himanthaliaceae
Xénero: ''Himanthalia''
Especie: ''Himanthalia elongata''
Nome binomial
''Himanthalia elongata''
Linneo, S.F. Gray
Foto de cintas ou correolas no seu medio natural, nunha ría galega
Vídeo de cintas ou correolas no seu medio natural, nunha ría galega
Botóns de fixación desde os que medran os talos
Cintas formando argazos nunha praia atlántica


A cinta (Himanthalia elongata) é unha alga parda comestible orixinaria do Océano Atlántico, tamén coñecida como correa ou correola e comercializada para o seu consumo como alimento humano, co nome de espaguetes de mar.

Características[editar | editar a fonte]

Ten formas estreitas e alongadas, e cor entre castaña e verde oliveira. Medra a partir dun botón cóncavo fixo nas rochas, do que sae o talo en forma de cinta de até 3 m de lonxitude que se divide dicotomicamente.

Ás veces aparece recuberta por unha especie de veludo denso, de cor parda escura, debido á alga Herponema velutinum.

É frecuente velas desprendidas e botadas polas ondas nas praias, formando argazos.

Uso alimentario[editar | editar a fonte]

É moi versátil como alimento, pola súa riqueza nutritiva, a súa textura carnosa e sabor suave ao padal.

En Escocia e Irlanda é usada xunto con outras para facer pan de algas.

É agradable e fácil de usar na cociña como ingrediente en arroces, pastas e até é usada en aperitivos fritidos que lembran polo seu sabor ás lulas e aos chocos

Propiedades nutritivas[editar | editar a fonte]

A cinta destaca especialmente pola súa riqueza en ferro, máis que o lévedo de cervexa e até 9 veces máis que as lentellas. E proporciona ao mesmo tempo a vitamina C necesaria para a súa asimilación.

Tamén achega unha boa cantidade do resto de minerais, destacando o potasio e o fósforo.

Valores nutricionais típicos da cinta (cantidades cada 100 g) [1]

Destaca o seu baixo contido en graxas, sendo ademais principalmente insaturadas, con ácidos graxos esenciais como o omega 3 e omega 6 que axudan á diminución do nivel de colesterol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández Saa, C. (2002) Algas de Galicia. Alimento y Salud

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]