Christos Yannaras
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Christos Yannaras, nado en 1935, en Atenas, é un teólogo da Igrexa ortodoxa grega.
Índice |
Traxectoria [editar]
Formación [editar]
Estudou filosofía e teoloxía en Atenas, Bonn e París. Doutor na Facultade de Letras da Sorbona e da Facultade de Teoloxía de Tesalónica. É membro da Academia Internacional de Ciencias Relixiosas. É tamén profesor emérito de filosofía no Instituto de Ciencias Políticas de Atenas.
Pensamento [editar]
A fe non é unha certeza intelectual ou produto dun coñecemento obxectivo, é un acontecemento e unha experiencia de relación.
Critica á teoloxía da Igrexa Católica por desterrar a Deus a un ámbito inaccesible á experiencia e por establecer unha separación entre relixión e vida. A teoloxía non debe ser un desenvolvemento teórico de axiomas e ideas, senón expresión e formulación dunha experiencia de vida que necesita unha linguaxe diferente á dos conceptos e informacións obxectivas.
A relación do home con Deus non é a dun suxeito e un obxecto senón unha relación persoal erótica; só se albisca un coñecemento de Deus deixándose penetrar polas enerxías divinas, mediante unha experiencia de unión coa divindade. Se se concibe a Deus como na escolástica, como a causa do universo, o mundo aparece como afastado de Deus, o que acaba conducindo á secularización, a un finalismo orientado á utilidade, ao asoballamento da natureza e da historia pola técnica, a un mundo, en definitiva, esgotado e consumido.
Fronte a isto cómpre recuperar a cosmoloxía dos Pais da Igrexa gregos que preserve de verdade a vida e estea ao servizo dela. A crise ambiental traduce a perda do sentido do cosmos como animado polo Espírito, e que, polo tanto, queda reducido a unha materia morta destinada a satisfacción dos propios desexos.
Yannaras ao igual que Pável Florensky fai fincapé na experiencia da beleza, pero aquela beleza que sinala alén de si mesma e que é un chamamento tráxico a unha plenitude de vida, que se recoñece como inasequible.
Obras [editar]
- A Ausencia e o non coñecemento de Deus.