Centrocercus minimus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Centrocercus minimus

Macho na parada nupcial
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xénero: Centrocercus
Especie: C. minimus
Nome binomial
Centrocercus minimus
Young et al., 2000
Área de dispersión de Centrocercus minimus
Área de dispersión de Centrocercus minimus

Área de dispersión de Centrocercus minimus
Femia

Centrocercus minimus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Centrocercus,[2] endémica dos Estados Unidos de América, onde habita en zonas abertas con vexetación arbustiva nunhas poucas rexións do oeste do país.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita no ano 2000 pola investigadora Jessica R. Young e os seus colaboradores,[3] na publicación:[4]

Características[editar | editar a fonte]

É moi similar na súa aparencia á súa estreitamente relacionada especie Centrocercus urophasianus, pero cun tamaño un terzo inferior ao dela, e adornada con moita plumas grosas ao redos da cabeza; tamén se direrencia polo seu menos elaborado cortexo nupcial.[4]

Os machos miden de 44 a 51 cm de lonxitude, e as femiaa, entre os 32 e os 38 cm. É unha pita do monte pequena, de plumaxe agrisda e abigarrada. A cor da plumaxe do ventre é negra, e presenta largas e ríxidas plumas rematadas en punta. O macho ten a garganta e a parte superior do pescozo negra, separada do resto por unha liñaa branca en forma de V; presenta unha gran gorgueira branca no peito e algunhas bandas brancas na cola.[1]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Viven en zonas abertas con vexetación arbustiva en pequenos enclaves do oeste dos Estados Unidos, xa que a súa área de dispersión está restrinxida a unhas pequenas zonas do oeste de Colorado e do sueste de Utah, estando concentrada a maior parte da súa poboación na rexión do Gunnison Basin, en Colorado.[4][5]

Historicamente, presumibelmente viviu tamén en Arizona, Oklahoma e Novo México,[6] pero a área ocupada na actualidade é inferior aos 500 km2.[1]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Os machos reúnense nos "leks", pequenas zonas abertas onde fan as exhibicións do cortexo nupcial diante das femias, e se reproducen, desde finais de febreiro até abril, tan pronto como o "lek" estea relativamente libre de neve. Só uns poucos machos dominantes, xeralmente dous, se reproducen. Despois do apareamento, as galiñas deixan o "lek" para construíren os niños, que fan no solo. O tamaño da posta varía de seis a oito ovos; o período de incubación é de 25 a 27 días. A especie, aparentemente, ten altas taxas de deserción de niños e de depredación dos ovos.[7]

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación reprodutora actual é inferior aos 3000 individuos.[5][6][8] Rexistráronse diminucións nos "leks", do número de machos nos "leks", e no de crías.[4][5][6]

Predadores[editar | editar a fonte]

Os principais predadores desta especies son: a aguia real Aquila chrysaetos, o coiote (Canis latrans), os raposos (Vulpes sp.), o teixugo americano (Taxidea taxus), a pega do Hudson (Pica hudsonia), varios mustélidos (Mustela sp.), o corvo carnazal (Corvus corax) e os miñatos americanos Buteo jamaicensis e Buteo regalis.[9]

Status[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o seu status como EN (en perigo de extrinción) porque a súa área de distribución é moi pequena e, ademais, está moi fragmentada, e a súa poboación está declinando. A fragmentación do seu hábitat é particularmente preocupante dado que a especie require dunha variedade de hábitats adxacentes.[1]

Estratexias para a súa conservación[editar | editar a fonte]

Para paliar estes inconvenientes estanse a implantar estratexias de xestión que teñen como obxectivo reverter as diminucións da poboación actual nos próximos 15 anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 BirdLife International (2016): Centrocercus minimus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 10 de xaneiro de 2019.
  2. Centrocercus Swainson, 1832 no ITIS.
  3. Centrocercus minimus J. R. Young, C. E. Braun, S. J. Oyler-McCance, J. R. Hupp & T. W. Quinn, 2000 no ITIS.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Young, J. R.; C. E. Braun; S. J. Oyler-McCance; J. W. Hupp & T. W. Quinn (2000): "A new species of sage-grouse (Phasianidae: Centrocercus) from southwestern Colorado". Wilson Bulletin 112 (4): 445–453
  5. 5,0 5,1 5,2 Storch, I. (2000): Grouse: status survey and conservation action plan 2000-2004. Gland, Suíza and Cambridge, Reino Unido: IUCN and the World Pheasant Association. ISBN 2-8317-0519-3.
  6. 6,0 6,1 6,2 Bureau of Land Management (1999): "Gunnison Sage Grouse conservation plan". Bureau of Land Management, Colorado, Gunnison Field Office, Gunnison, Colorado.
  7. Johnsgard, Paul A. (1973): Grouse and quails of North America. Lincoln, NE: University of Nebraska Press. ISBN 0-8032-0810-3.
  8. Rich, T. D., Beardmore, C. J., Berlanga, H., Blancher, P. J., Bradstreet, M. S. W., Butcher, G. S., Demarest, D. W., Dunn, E. H., Hunter, W. C., Inigo-Elias, E. E., Martell, A. M., Panjabi, A. O., Pashley, D. N., Rosenberg, K. V., Rustay, C. M., Wendt, J. S. and Will, T. C. (2004): "Partners in flight: North American landbird conservation plan". Ithaca, NY: Cornell Lab of Ornithology.
  9. Centrocercus minimus na ADW.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, Spain and Cambridge, UK.: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]