Castelo de Torrelobatón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Torrelobatón
ben de interese cultural
ConcelloTorrelobatón
ProvinciaValladolid
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas41°39′02″N 5°01′32″O / 41.6506, -5.0256Coordenadas: 41°39′02″N 5°01′32″O / 41.6506, -5.0256
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico-gótico (século XIII)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]

O Castillo de Torrelobatón ou tamén coñecido como Castelo dos Comuneiros imponse sobre os Montes Torozos e é visible dende varios quilómetros arredor. Sitúase en Torrelobatón, Provincia de Valladolid (Castela e León, España). Converteuse no símbolo de Torrelobatón. É un dos castelos de Castela e León mellor conservados. Foi declarado Patrimonio histórico en 1949.

Historia[editar | editar a fonte]

Gravado publicado en 1853 en Semanario Pintoresco Español.

Comezouse a súa construción no século XIII coa intención de vixiar o val do río Hornija. Pertenceu aos Enríquez, Almirantes de Castela (1455-1473), debido a isto na torre da homenaxe aprécianse os brasóns desta familia. Debido a isto, tamén é coñecido como o castelo dos Almirantes

A torre da homenaxe ten na fachada os escudos da familia dos Enríquez, Almirantes de Castela (un león debaixo, a divisa das áncoras mariñas na orla e dous castelos separados). Tamén aparecen os escudos de Juana de Mendoza, de Diego Fernández Quiñones e María de Toledo. O brasón principal é colocado por Don Fadrique e permitido por Xoán II de Castela.

Tivo un papel importante na Guerra das Comunidades de Castela, pois foi escenario dunha gran vitoria dos comuneiros tras vencer tras oito días de asedio á fortaleza en febreiro de 1521. Os defensores foron rodeados na torre da homenaxe. Os danos causados ao castelo foron reparados en 1535 nunha reconstrución de gran dificultade que lle dá as súas ameas tipo caixa de correos.

E é o último lugar no que os comuneiros deixaron pegada, tras partir rumbo a Toro o 23 de abril de 1521 e ser alcanzados en Villalar, derrotados e axustizados.

Fotografía en branco e negro que mostra a localización do castelo de Torrelobatón.

No século XVIII os Enríquez deixan de posuír a vila e, por tanto, o castelo. Pero este estivo ligado a esta liñaxe ata o século XIX. Nos anos 1950 pasa a depender do Servizo Nacional de Trigo (SENPA) do Ministerio de Agricultura, facendo de almacén de cereais. O 1 de abril de 2003 a Xunta de Castela e León cede o castelo a Torrelobatón.

Tras ser rehabilitado e acondicionado, desde 2007 acubilla o Centro de Interpretación da Guerra das Comunidades, promovido pola Fundación do Patrimonio Histórico de Castela e León, a Fundación Villalar-Castela e León e o concello de Torrelobatón.

Construción[editar | editar a fonte]

O seu deseño corresponde á Escola de Valladolid. As torres de homenaxe de Medina del Campo, Peñafiel e Fuensaldaña repiten as proporcións de Torrelobatón. Emprégase para a súa construción cantaría e formigón. Os muros son moi altos e forman un cadrado con cubos circulares en tres das súas esquinas (duns 20 metros de altura e 10 de lado) e unha torre cadrada da Homenaxe (duns 40 metros de altura, 20 de lado e 5 de grosor). Sobre a torre da homenaxe hai oito torreóns circulares que serven para vixiar e atacar. Ao oeste quedan restos dunha antiga barbacá desaparecida. O castelo está rodeado de restos dun foso. O castelo posuía orixinalmente un sistema de ameas en todos os seus niveis, pero este foi reformado no século XVI. Os cubos angulares do castelo, que posuían capacidade para dez soldados, e as troneiras superiores usábanse para disparar desde elas con béstas e arcabuces. Antigamente existía unha entrada secreta ao patio de armas, esa entrada era estreita e moi difícil de atopar, estaba situada no foso do muro norte. O arco de entrada antigo aínda se conserva actualmente, é de medio punto, tamén se conservan as troneiras verticais e o oco para o anciño. Esta porta levaba directamente ao patio de armas.

O alxibe sitúase a uns cincuenta metros do castelo, fronte á Igrexa de Santa María (Torrelobatón) e actualmente é unha adega particular. É posible que este conecte co castelo a través dun paso subterráneo. É de cantaría e bóveda de canón.

Torre da homenaxe[editar | editar a fonte]

Torre da homenaxe do castelo.

O interior da torre da homenaxe consta de tres pisos. Subíase a eles por unha escaleira de 143 banzos que estaba interrompida por multitude de portas, tal e como demostran os arcos no seu percorrido. Os tres pisos posúen bóvedas. A antiga porta da torre estaba situada a metade da súa altura e comunicaba co adarve por unha ponte.

A torre ten na parte baixa unha antesala situada no muro que era o primeiro acceso desde o patio. O piso inferior cóbrese cun canón apuntado e a parte de abaixo do muro pertence á primitiva e antiga torre construída por Alfonso Enríquez. A torre parece unha torre de influencia portuguesa de segunda metade do século XIV.

A segunda altura da torre é máis propia de finais do século XV e ten unha bóveda de ligadura.

No terceiro piso destaca unha gran sala con bóveda que probablemente estivo dividida en dúas alturas.

Nas reparacións de despois das Comunidades cámbianse as portas de entrada á torre, pasando a ser canopiais.

Descrición[editar | editar a fonte]

Realizouse con excelente pedra de cantería. Está composto por un patio cuadrangular con tres cubos nos ángulos e unha torre da homenaxe. Formaba parte do cordón defensivo da vila. Posuía unha muralla exterior, da que hoxe só quedan retrincos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]