Beira Baixa
A Beira Baixa é unha antiga provincia portuguesa, orixinalmente creada no século XIX, a partir de parte do territorio da anterior Provincia da Beira. Nesa altura, a Beira Baixa contiña o que é hoxe denominado por Beira Interior Sul, Cova da Beira e parcialmente o Piñal Interior Sul e Norte,englobando grande parte do Castelo Branco. Na reforma administrativa de 1936 foi novamente creada unha división chamada Província da Beira Baixa Esta nova provincia contiña agora só a parte interior sul da antiga Provincia da Beira, é dicir, aproximadamente o actual Distrito de Castelo Branco. As províncias de 1936 practicamente nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceram do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.
Facía fronteira ao norte com a Beira Alta, ao noroeste coa Beira Litoral, ao suroeste co Ribatexo, ao sul co Alto Alentexo e a leste co Estado español á altura da provincia de Cáceres, na actual comunidade de Extremadura).
Estaba constituída por 13 concellos, integrando a totalidade o distrito de Castelo Branco e tamén un concello do distrito de Coimbra e outro do de Santarém. Tiña a súa capital na cidade de Castelo Branco.
- Distrito de Castelo Branco: Belmonte, Castelo Branco, Covilhã, Fundão, Idanha-a-Nova, Oleiros, Penamacor, Proença-a-Nova, Sertã, Vila de Rei, Vila Velha de Ródão.
Para alguns xeógrafos, esta provincia, em xunto coa Beira Alta, e por veces até, coa Beira Transmontana, formaba unha unidade xeográfica maior: a Beira Interior.
Actualmente, o seu territorio atópase situado na Rexión Centro, dividíndose nas subrexións da Beira Interior Sul, Cova da Beira e Piñal Interior Sul (coas que coincide plenamente), e tamén polo Piñal Interior Norte (por abarcar no seu territorio o concello da Pampilhosa da Serra).
