Casper Van Dien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casper Van Dien
Casper Van Dien by Gage Skidmore.jpg
Van Dien en maio de 2012.
Nacemento Casper Robert Van Dien, Jr.
18 de decembro de 1968 (46 anos)
Milton, Florida Estados Unidos de América Estados Unidos
Outros nome(s) Van, Cap, Tarzan, Mr.Oxenburg, Robb
Profesión Actor
(1990-presente)
Cónxuxe(s) Catherine Oxenberg (1999-presente)
Carrie Mitchum (1993-1997; divorciados)
Fillo(s) Maya, Celeste, Cappy e Gracie.
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Casper Robert Van Dien, Jr. nado en Milton (Florida) o 18 de decembro de 1968, é un actor estadounidense coñecido principalmente polo seu papel como Johnny Rico en Starship Troopers e como Andre en Watch Over Me, serie emitida en My Network Tv.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha mestra de xardín de infancia retirada e dun piloto de guerra, pasou a súa infancia en Ridgewood, Nova Jersey. Na súa familia existe unha longa tradición militar, xa que o seu avó foi marine na Segunda Guerra Mundial. Van Dien é descendente dunha familia holandesa longamente asentada na área de Nova York. Tamén ten ascendencia sueca, francesa, inglesa e nativa americana.

Cando medrou mudouse coa súa familia a Florida e enrolouse na división San Petersburgo. Despois foi á Universidade Estatal de Florida en Tallahassee, incribíndose como pre-médico. Alí elixiu clases de teatro como actividade "extra escolar". Pasou pouco tempo ata que actuar comezou a eclipsar o seu interese pola medicina, e deixou a universidade para continuar a súa carreira nese campo.

Trasladouse aos Ánxeles e conseguiu pequenos papeis en series e filmes de televisión. Dúas das súas primeiras oportunidades foron os papeis secundarios que realizou en One Life to live, e Beverly Hills, 90210. A continuación participou en numerosos filmes lanzados directamente ó mercado doméstico como Night Eyes 4, Beastmaster 3, The Eye of Braxus ou Night Scream. Acadou un maior recoñecemento ó protagonizar o biopic de James Dean:Race with Destiny, pero foi xusto despois cando obtivo o decisivo papel de Johnny Rico no filme de ciencia ficción de Paul Verhoeven Starship Troopers. Isto levouno a ser elixido como Tarzán en Tarzan and the Lost City. Tamén encarnou a Brom von Brunten en Sleepy Hollow, o filme de Tim Burton que toma como base o clásico de Washington Irving.

Voltando ás súas raíces televisivas, no ano 2000 aparece en Titans, do produtor Aaron Spelling para a NBC, xunto con Yasmine Bleeth, John Barrowman, Perry King e Victoria Principal. No 2005 produce e aparece no reality show I Married a Princess, sobre a súa vida profesional e persoal xunto con Catherine Oxenberg, cuxa nai é a princesa Elizabeth de Iugoslavia. A finais de 2006 Van Dien foi elixido para a serie Watch Over Me no papel de Andre mentres que a súa muller é tamén co-protagonista caracterizando a Leandra Thames.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Carrie Mitchum (neta de Robert Mitchum) dende 1993 até o 1997. Tiveron dous fillos: Cappy (Casper Robert Mitchum Van Dien) e Gracie (Caroline Dorothy Grace Van Dien).

A única vez que a parella traballou xunta foi preto do final do matrimonio, en James Dean: Race with Destiny, onde tamén actuou con Robert Mitchum. Saiu con Denise Richards algún tempo mentres traballaban en Starship Troopers.

Durante a rodaxe de The Collectors, coñeceu a Catherine Oxenberg. Traballaron xuntos no thriller cristián The Omega Code. Casaron en maio de 1999. Oxenberg tiña unha filla, India, dun matrimonio anterior. Actualmente, Van Dien e Oxenberg teñen dous fillos en común, Maya e Celeste.

No ano 2006, Van Dien foi invitado ó Larry King Live, onde admitiu que foi obxecto de abusos sexuais por parte da súa coidadora cando tiña oito anos. Gardouno en segredo até os trinta e dous.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • O nome Casper é unha tradición familiar. Recíbeno os primoxénitos da súa familia dende fai 11 xeracións.
  • Mark Twain é o seu tatara-tatara-tatara tío.
  • Aprendeu box step, jittenburg e baile de salón dos seus pais.
  • Medrou no mesmo bloque de vivendas que Robert Sean Leonard.
  • En 1989 traballou como extra en dous capítulos de Salvados pola campá.
  • People Magazine nomeouno como o actor máis sexy das series de sobremesa en novembro do ano 2000.
  • A rúa onde medrou en Nova Jersey, Van Dien avenue, recibiu ese nome debido ó seu tatara avó.
  • O apelido de James Dean (ó cal interpretou nun biopic) é un derivado de Van Dien.
  • A rodaxe de Starship Troopers comezou en Casper, Wyoming.
  • Encarnou a un pretendente de Katrina van Tassel en Sleepy Hollow.
  • Os Van Dien son curmáns dos Van Tassels.
  • Casper Van Dien traballou no filme Casper Meets Wendy.
  • Tamén leva unha tatuaxe da coñecida pantasma Casper.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casper Van Dien Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]