Carrie-Anne Moss
| Carrie-Anne Moss | |
|---|---|
Moss no Festival Internacional de Cine de Toronto en 2007 |
|
| Nacemento | Carrie-Anne Moss 21 de agosto de 1967 Burnaby, Columbia Británica, |
| Outros nome(s) | Carrie-Ann Moss, Carrie Moss |
| Profesión | actriz dende 1989 até o presente |
| Cónxuxe(s) | Steven Roy (1999–presente; 3 fillos) |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
Carrie-Anne Moss, nada o 21 de agosto de 1967 en Burnaby, Columbia Británica é unha actriz canadense que acadou fama internacional tralas súas aparicións na triloxía de filmes de Matrix interpretando a "Trinity".
Índice |
Traxectoria[editar]
Cando era nova, vivía coa súa nai Barbara na cidade de Vancouver. Cando tiña 11 anos entrou no Teatro musical de nenos de Vancouver e despois fixo un tour por Europa co Coro da Escola Secundaria Magee no seu derradeiro ano. Tras isto, involucrouse na Academia Americana de Artes Dramáticas en Pasadena ata que voltou. En 1985 mudouse de Vancouver a Toronto e fíxose modelo. Durante ese periodo como modelo e a finais dos anos 80, foi a España e a Xapón.
Estando en España conseguiu un papel na serie dramática Dark Justice, a súa primeira aparición na televisión. Foise de Barcelona e a'Os Ánxeles (California) para a serie en 1992. Pero a súa carreira tomou outro camiño cando foi elixida para representar a "Trinity", no filme Matrix, que se estreou en 1999 con gran éxito a nivel mundial. Tras este, fixéronse dous filmes máis que pecharon a triloxía e nos que Moss tamén participou. Tamén tivo un papel destacado en Memento (2000), interpretando a Natalie.
Carrie-Anne Moss casou co actor Steven Roy en 1999. Teñen dous fillos, (Owen, nado en setembro de 2003, e Jaden, nado en novembro de 2005), e unha filla (nada en xuño de 2009). A actriz Maria Bello é a madriña do seu fillo maior.
Filmografía[editar]
| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1994 | The Soft Kill | Jane Tanner | |
| 1994 | Flashfire | Meredith Neal | |
| 1995 | Terrified | Tracy | |
| 1996 | Sabotage | Louise Castle | |
| 1997 | Lethal Tender | Melissa Wilkins | |
| 1997 | The Secret Life of Algernon | Madge Clerisy | |
| 1999 | Matrix | Trinity | |
| 1999 | New Blood | Leigh | |
| 2000 | Chocolat | Caroline Clairmont | |
| 2000 | Red Planet | Cmdr. Kate Bowman | |
| 2000 | Memento | Natalie | |
| 2000 | The Crew | Detective Olivia Neal | |
| 2003 | Matrix Reloaded | Trinity | |
| 2003 | Matrix Revolutions | Trinity | |
| 2003 | Animatrix | Trinity (voz) | Video |
| 2004 | Suspect Zero | Fran Kulok | |
| 2005 | The Chumscrubber | Jerri Falls | |
| 2005 | Sledge: The Untold Story | ||
| 2006 | Fido | Helen Robinson | |
| 2006 | Snow Cake | Maggie | |
| 2006 | Mini's First Time | Diane Droggs Tennan | |
| 2007 | Disturbia | Julie Brecht | |
| 2007 | Normal | Catherine | |
| 2008 | Fireflies in the Garden | Kelly Hanson | |
| 2009 | Love Hurts | Amanda Bingham | |
| 2010 | Unthinkable | Agent Helen Brody | |
| TBA | Silent Hill: Revelation 3D | Claudia Wolf |
| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1991 | Dark Justice | Tara McDonald | |
| 1992 | Forever Knight | Monica Howard | 1992 |
| 1993 | Matrix | Liz Teel | 1993 |
| 1993 | Doorways | Laura | |
| 1993 | Silk Stalkings | Lisa/Lana Bannon | |
| 1994 | Models Inc. | Carrie Spencer | |
| 1994 | Baywatch | Gwen Brown/Mattie Brown | |
| 1995 | Nowhere Man | Karin Stoltz | 1995 |
| 1996 | F/X: The Series | Lucinda Scott | (1996–1997) |
| 1996 | Due South | Irene Zuko | |
| 2007 | Suspect | Lt. Chivers | TV |
| 2008 | Pretty/Handsome | Elizabeth Fitzpayne | TV |
| 2011 | Normal | Ann Brown | TV |
| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2003 | Enter the Matrix | Trinity | xogo, captura de movementos e voz |
| 2010 | Mass Effect 2 | Aria | voz |
Premios e Nomeamentos[editar]
- 2007: Genie Award, Mellor Actriz en Papel de reparto Snow Cake
- 2007: Vancouver Film Critics Circle Award, Mellor Actriz en filme canadense por Fido
- 2002: Independent Spirit Award, Mellor Actriz de reparto por Memento
- 2000: Golden Slate, Mellor Actriz en papel protagonista por Matrix
- 2000: Empire Award, Mellor Debut en Matrix
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha na IMDb (en portugués)
- Páxina Oficial (en castelán)