Carlos de Passos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos de Passos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1890 Editar o valor em Wikidata
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte1958 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Português
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Carlos Fernandes de Pasos, nado no Porto o 24 de decembro de 1890 e finado no mesmo lugar o 18 de xullo de 1958, foi un historiador, xornalista e publicista, que colaborou na monumental História de Portugal dirixida por Damião Peres e tamén nas revistas Terra portuguesa (1916-1927) e Revista Municipal[1] do Concello de Lisboa.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade do Porto, oriundo dunha familia con raíces en Ponte de Lima, onde posuían propiedades, e tamén con raíces na Galicia fidalga.

Estudou Ciencias Histórico-Xeográficas na Universidade de Coímbra onde foi alumno de Carolina Michaëlis de Vasconcelos. Alí comezou a escribir en O Instituto. Jornal Scientífico e Litterario.[4]

Foi historiador, investigador rexionalista e escritor con vasta obra publicada, especialmente sobre Ponte de Lima. Foi tamén tenente de alcalde de Ponte de Lima.

A conexión a Ponte de Lima débese a vivir regularmente na Casa da Cruz da Pedra, na freguesía de Sá, herdada da familia paterna.[5]

Cando faleceu, da súa biblioteca privada foron doados cerca de dous mil libros á Biblioteca Municipal de Ponte de Lima.

Relación con Galicia[editar | editar a fonte]

Nos anos 1920 entrou en contacto con intelectuais galegos, sobre todo Antonio Noriega Varela. Os contactos estritáronse na Semana Cultural Galega que o Seminario de Estudos Galegos organizou en 1935 no Porto na que quedou con dedicatorias de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde e Xesús Carro. Tamén se relacionou con Leandro Carré Alvarellos, colabou en A Nosa Terra e en 1924 foi nomeado correspondente da Real Academia Galega. No arquivo que el doou á Biblioteca Municipal de Ponte da Lima consérvanse 151 cartas cos seus amigos galegos.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi distinguido coa comenda da Orde de Afonso X, o Sabio (Orden Civil de Alfonso X el Sabio), de España, e coa comenda da Orde Suprema Militar do Templo de Xerusalén.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Revista Municipal [1939-1954]". hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en portugués). Consultado o 2020-10-30. 
  2. "Dicionario jornais" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  3. A Carlos de Passos : homenagem dos seus amigos e camaradas. Porto : Editorial Domingos Barreira, 1958.
  4. 4,0 4,1 Arias Cachero, Patricia (Xullo, agosto, setembro 2020). "O historiador portugués Carlos de Passos e a súa relación con intelectuais galegos". Grial. LVIII (227): 40–45. ISSN 0017-4181. 
  5. 5,0 5,1 "Carlos de Passos". Carlos de Passos (en portugués). Consultado o 2020-10-30.