Carlos I de Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos I de Romanía
Rei de Romanía
Carol I King of Romania.jpg
Carlos I de Romanía.
Reinado 22 de maio de 1866
10 de outubro de 1914
Nome completo Carlos Eitel Federico Ceferino Luis de Hohenzollern-Sigmaringen
Outros títulos
Príncipe de Romanía
(1866-1881)
Nacemento 20 de abril de 1839
Sigmaringen (Hohenzollern-Sigmaringen)
Falecemento 10 de outubro de 1914
Bucarest, Flag of Romania.svg Romanía
Predecesor Alexandru Ioan Cuza
Sucesor Fernando I
Consorte Isabel de Wied
Descendencia María de Romanía
Casa Real Casa de Hohenzollern-Sigmaringen
Himno real Trăiască Regele
Pai Carlos Antonio de Hohenzollern-Sigmaringen
Nai Xosefina Federica de Baden

Escudo de Carlos I de Romanía
Carol of Romania - signature.png

Carol I de Romanía, nado o 20 de abril de 1839 e finado o 10 de outubro de 1914, foi un príncipe alemán, elixido Domnitor ou príncipe de Romanía en abril de 1866 tralo derrocamento de Alexandru Ioan Cuza (Alexandre Xoan Cuza), e rei o 26 de marzo de 1881. Foi o primeiro rei da dinastía Hohenzollern-Sigmaringen, que gobernaría o país até a proclamación da república en 1947.

Durante o seu reinado dirixiu persoalmente as tropas romanesas na Guerra Ruso-Turca, tomando o mando das tropas ruso-romanesas no sitio de Pleven. Grazas a esta guerra Romanía logrou plena autonomía do Imperio otomán (Tratado de Berlín 1878). Entón Romanía viuse obrigada a renunciar a favor do Imperio ruso aos tres distritos do sur de Besarabia, mais recibiu en troques o norte de Dobruia. Ampliou o seu territorio ao adquirir o sur de Dobruia de Bulgaria en 1913. A vida política interna, aínda dominada polas grandes familias de terratenentes, organizados nos partidos rivais Liberal e Conservador, foi marcada por dous levantamentos campesiños: un no sur de Valaquia, en abril de 1888, e outro no norte de Moldavia, en marzo de 1907.

Casou con Isabel de Wied en 1869, da que tivo unha filla, María, morta con apenas tres anos.

A falta de descendencia directa de Carlos deixaba ao seu irmán Leopoldo sucesor ao trono. En outubro de 1880 Leopoldo rexeitou o seu dereito a favor do seu fillo Guillerme, quen á súa vez rexeitou oito anos despois a favor do seu irmán menor, o futuro rei Fernando.

A Primeira Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Monograma.
Enterro do rey.

Coa tensión crecente tralo asasinato do herdeiro ao trono austrohúngaro pola intención cada vez máis clara de Austria-Hungría de utilizar este como escusa para axustar contas con Serbia, Carlos atopouse nunha posición cada vez máis complicada.[1] As súas preferencias persoais e unha longa alianza secreta (Tripla Alianza), debida á antipatía cara a Rusia, ligaban ao país aos Imperios Centrais.[1] Durante a década anterior a 1914, con todo, este sentimento antirruso quedara relegado ante a sensación de hostilidade cara a Austria-Hungría, que defendera a postura búlgara durante as Guerras dos Balcáns e contiña unha abundante minoría romanesa discriminada en Transilvania.[2]

No crucial consello real do 3 de agosto de 1914 foi practicamente o único en defender a declaración de guerra a Rusia, mentres todos menos un dos membros da reunión defendían o mantemento da neutralidade romanesa na guerra.[2] Carlos aceptou case sen resistencia a postura do consello.[2] Declarou aos representantes austrohúngaros e alemáns que el permanecía fiel á alianza pero que non podía desenvaiñar a espada en contra do parecer do pobo. Para entón Carlos estaba enfermo de morte e sufría constantes presións da súa familia e achegados para declarar a guerra a Rusia, mentres que os responsables políticos avogaban cada vez máis forte por atacar Austria-Hungría.[3]

En setembro, cando a axitación a favor da entrada de Romanía na guerra ao lado da Entente chegou ao máximo, solicitou secretamente a Alemaña que azuase a Bulgaria a ameazar a Romanía para arrefriar os ánimos dos belicistas.[3] Anteriormente solicitara a cesión de parte da Bucovina e reformas internas en Transilvania para tranquilizar á opinión pública romanesa, sen éxito.[3] Pesimista ante a situación, chegou a suscitarse a abdicación e o exilio, pero non chegou a poñelos en práctica.[3]

Carlos morreu o 10 de outubro de 1914, facilitando a posterior entrada en guerra de Romanía ao lado da Entente xa que o novo rei, Fernando I, inexperto e indeciso, deixou a política exterior do país en mans do primeiro ministro profrancés, Ion I. C. Brătianu.[4]

Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

  • Star of Romania Ribbon.PNG Soberano Gran Mestre da Orden de la Estrella de Romanía (Reino de Romanía, 22/05/1866).
  • Ro1ocr.gif Soberano Gran Mestre (e fundador) da Orde da Coroa (Reino de Romanía, 14/03/1881).
  • OrderofCarolI.ribbon.gif Soberano Gran Mestre (e fundador) da Orden de Carol I (Reino de Romanía, 10/05/1906).
  • Order of the Most Holy Annunciation BAR.svg Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (Reino de Italia, 1878).
  • Cavaliere di gran Croce Regno SSML BAR.svg Cabaleiro Gran Cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (Reino de Italia, 1878).
  • Cavaliere di Gran Croce OCI Kingdom BAR.svg Cabaleiro Gran Cruz da Orde da Coroa de Italia (Reino de Italia, 1878).
  • OrderStGeorge2cl rib.png Cabaleiro de II Clase da Orde de San Xurxo (Imperio Ruso).
  • Ludwig Order (Hesse) - ribbon bar.png Cabaleiro Gran Cruz da Orde de Luis (Gran Ducado de Hesse-Darmstadt).
  • MilitaryMeritAustria.ribbon.gif Cruz ao Mérito Militar de I Clase (Imperio Austrohúngaro).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos I de Romanía

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Alexandru Ioan Cuza
Rei de Romanía
1866-1914
Sucesor:
Fernando I