Moldavia, Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Transilvania en verde, Valaquia en azul, Moldavia en vermello, e Dobruia en amarelo


Moldavia é unha das tres rexións que deron orixe á moderna Romanía e á República de Moldavia. As outras dúas son Valaquia e Transilvania. Dúas rexións anexadas tamén a Romanía son Dobruia ou Dobrudia e o Banato.

Coñecida como Principado de Moldavia dende o século XV. A súa parte occidental, xunto co Principado de Valaquia, uníronse dando orixe ó Reino de Romanía en 1878. A parte oriental, foi ocupada por Rusia baixo o nome de Basarabia ou Besarabia, tomado da antiga Dinastía dos Basarab ou Basarabi. O reino de Romanía anexou Transilvania ó termina-la Primeira Guerra Mundial

Esta zona, menos a franxa costeira que pertence á Ucraína, converteuse na República de Moldavia, tras ser unha das quince repúblicas que formaban á ex Unión Soviética.