Carl Reiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reiner en 2011

Carlton "Carl" Reiner, nado o 20 de marzo de 1922[1] en Nova York é un actor, director, produtor, guionista e humorista estadounidense, pai do realizador Rob Reiner.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reiner comezou a actuar en musicais de Broadway en 1948. A partir de 1950 apareceu regularmente no programa de televisión Your Show of Show, do que tamén era un dos guionistas, e desde 1954 na súa continuación Caesar's Hour. En 1960 en The Steve Allen Show axuntouse con Mel Brooks para formar un dúo cómico. En 1961 creou, produciu e protagonizou a súa propia comedia de situación, The Dick Van Dyke Show, que se mantivo en emisión ata 1966, alí dirixiu algúns episodios e en 1967 realizou o seu primeiro filme Enter Laughing, e máis tarde dirixiu varias comedias do actor Steve Martin como The Jerk (1979), Dead Men Don't Wear Plaid (1982), The Man with Two Brains (1983) e All of Me (1984). Carl gañou nove Emmy e yb Grammy durante a súa carreira, e foi a única persoa en aparecer nas cinco encarnacións de The Tonight Show.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. St. James Encyclopedia of Popular Culture, St. James Press, (2000)