Rob Reiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rob Reiner en 1988.

Rob Reiner, nado o 6 de marzo de 1947 en Nova York, é un actor e director de cinema estadounidense. É fillo do actor e director de cine Carl Reiner e irmán do director Lucas Reiner.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa andaina artística en teatros e estudios de televisión. É un especialista en comedias. Entre os seus filmes figuran The Princess Bride, When Harry Met Sally... e The Wolf of Wall Street.

Divorciouse da actriz Penny Marshall e actualmente está casado coa tamén actriz Michele Singer coa que ten 3 fillos. Unha delas é a actriz Estelle Reiner.