Comedia de situación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A comedia de situación (situation comedy ou sitcom en inglés) consisten normalmente nunha serie de televisión con personaxes comúns onde hai unha ou máis historias de humor simuladas en ambientes comúns como familia, grupo de amigos, lugar de traballo. En xeral gravanse en fronte dun público en vivo e caracterízanse polos "risos enlatados".

A comedia de situación ten a súa orixe nas radio comedias da época dourada da radio no Reino Unido, mais hoxe é unha peza fundamental da programación. Deica o 2006, a sitcom con maior tempo de exposición é o británico "Last of the Summer Wine", que ven sendo amosado continuamente desde 1973.