Cangrexo de río americano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Procambarus clarkii
Procambarus clarkii.jpg
Estado de conservación
Status iucn2.3 LC gl.svg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Astacidea
Familia: Cambaridae
Xénero: 'Procambarus'
Subxénero: P. (Scapulicambarus)
Especie: ''P. clarkii''
Nome binomial
''Procambarus clarkii''
Girard, 1852

Procambarus clarkii é un crustáceo decápodo da familia Cambaridae. É un cangrexo de río, nativo do sueste de Estados Unidos, pero que se pode encontrar noutros continentes, onde pode ser unha especie invasora. En España acostúmase denominar co nome vulgar de cangrexo americano, cangrexo de río americano, cangrexo vermello, ou aínda cangrexo das marismas ou de Luisiana.

Distribución[editar | editar a fonte]

A zona de orixe do cangrexo americano é a costa do Golfo de México de Estados Unidos desde o norte de México até Florida e tamén cara ao interior polo sur de Illinois e Ohio. Tamén foi a veces introducido deliberadamente fóra da súa zona de orixe como en países de Asia, África, Europa e outros sitios do continente americano. No norte de Europa as poboacións mantéñense pero non se expanden, pero no sur de Europa, este cangrexo estase expandindo e colonizando novos territorios e desprazando os cangrexos de río autóctonos Astacus astacus, Austropotamobius spp.

Na península ibérica desprazou en moitísimos cursos de auga o cangrexo de río ibérico (Austropotamobius pallipes lusitanicus). Comprobouse que algúns individuos son capaces de atravesar quilómetros de terreo relativamente secos, especialmente nas épocas húmidas do ano, aínda que o comercio para acuarios e os pescadores poden ter acelerado a expansión nalgunhas zonas (crese que os pescadores ao usar este cangrexo como cebo introducírono no estado norteamericano de Washington). Tamén se fixeron intentos de usar o cangrexo americano como un medio de control biolóxico de organismos, para reducir as poblacións de caracois implicados no ciclo biolóxico da esquistosomose, polo que se favorece a introdución do cangrexo de río americano, por exemplo, en Kenya.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cangrexo de río americano
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cangrexo de río americano

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]